Venres. 29.03.2024
El tiempo

De como se xustifican subvencións públicas con cartos da caixa B, sen factura de transferencia e cunha firma persoal

De como se xustifican subvencións públicas con cartos da caixa B, sen factura de transferencia e cunha firma persoal

Volvemos achegarnos ao Sumario da Operación Orquesta facendo fincapé en algún detalle, que a pesar de que xa o vimos, non deixa de sorpredernos. O feito de como se xustifican as subvencións públicas é moi grave. E o peor é que o 99% das veces, estes procedimentos "trapalleiros", como admiten os propios protagonistas, valen para superar as trabas da administración.

Falamos da xustificación de 150.000€ para as Festas da Xunqueira 2009. Que son moitos, pero é que entre fogos, orquestras, grupos, artistas... Concretamente son 30.000€ de unha subvención ("la máxima" en palabras de Vigo) os que lle importaban ao alcalde de Cee, que chegaban dende a Consellería de Cultura a través do ex alcalde de Carballo e membro actual da Consellería, Manuel Varela Rey (por certo, que ata o Conselleiro de Cultura Roberto Varela tamén aparece no sumario estando ao tanto das operacións).
Vigo fai fincapé unha e outra vez nas conversas con Jorge López en que "comezar os orzamentos de 2010 cunha partida de 30.000€ é unha pasada". E para iso pide facturas falsas a Jorge López de pagos realizados coa caixa B (alimentada pola empresa Ogando e algunha máis como unha tal Padlema, segundo o sumario).

Sen factura e con firma persoal

As cifras son claras: hai que facer unha factura por Mago de Oz por valor de 42.000€ e outra a Golden Apple Quarter por uns 10.500€ (estes, no seu día, "foron pagados todos en B"). Ante os requerimentos administrativos requeridos por un traballador do Concello, Vigo decide asinar as facturas para xustificar a subvención, cun xustificante de pago en man (sen factura de transferencia) e cunha firma persoal do alcalde "e a tomar por culo".

Caixa B

E todo, por suposto, abonado coa "Caixa B", que supostamente, e segundo denuncia o sumario parece evidente, engordan as empresas que acaban desenvolvendo as obras municipais.

Estas son as palabras concretas que utiliza Vigo nunha das conversas con López. O que dá conta de quen xestiona os nosos cartos, sen olvidar que Vigo é o presidente da entidade que máis cartos move na bisbarra, como é a Asociación Neria.

Conversa entre Ramón Vigo (RV) e Jorge López (JL) dramatizada por Radio Nordés

Pago Golden

Tras ese "La hago a nombre personal y a tomar por culo", a conversación do 12 de novembro de 2009 non remata aquí:

  • JL: Eso es para que la Xunta vea que pagaste, si hombre, nada más.
  • RV: Claro...claro...claro....
  • JL: Na Xunta non van contabilizar esa factura joder.
  • RV: Claro...claro...claro....
  • JL: Vamos a ver.
  • RV: Entonces, mira, tú lo que puedes hablar es con el que está cubriendo el expediente para rematarlo.
  • JL: A ver, dame...
  • RV: Es que ademais nos dieton la máxima, me acaba de llamar el ex alcalde de Carballo, que está de Jefe Territorial de Cultura. Y hostia, empezar el año que viene con 30000 euros antes de empezar a recaudar...
  • JL: Oye, llamo a Varela? (referíndose ao Conselleiro de Cultura) no, a Varela no lo llamo sino ya ve que es una trapallada.
  • RV: No, no, non...

Pero hai outra conversa un día despois máis exquisita aínda. E sucede tralos requerimentos dun traballador do Concello que non está imputado na trama:

  • RV: Pero entonces, tú puedes hacer esas factura o no?
  • JL: vamos a ver, si. Yo creo que eso debe ser lo mismo que está haciendo... esas facturas non son para contabilizar.
  • RV: Si.
  • JL: El problema que ve es que parece que le exigían el ingreso bancario de la misma fecha y dije yo mecagoendios estamos jodidos y dice bueno...
  • RV: No, el justificante de pago vamos a decir que nosotros pagamos en mano yo no creo que haya ninguna... si no aparece reflejado en norma a mi me pueden decir que me obligan a pagar por banco coño...
  • JL: Por eso te digo. Si tu le dices que pagaron por mano...
  • RV: Lo que ten que tener to...
  • JL: ... me llaman a mi, oiga uted, cobró?...
  • RV: Yo tengo que tener un recibí, o sea la factura.
  • JL: Hay que hacer una.
  • RV: ...que yo pagué en mano y punto pelota.
  • (...)
  • RV: Yo necesitaba la factura de Mago de Oz y de los Golden (...) que fue todo en B, pero si se puede hacer una factura la hacemos.
  • (...)
  • JL: 42.000€ más IVA de Mago de Oz y diel mil no? cuántos eran los otros? diez mil quinientos más IVA.
  • JL: Y anexar dos recibo. ¿Uno para cada una?
  • RV: Si, dos recibos, un para cada un. Firmado abajo recibí y pagado y punto ya es el recibí la misma factura que tú me das.

Aquí vemos os procedementos que os nosos representantes políticos realizan para superar subvencións outorgadas a través dos contactos. Entrementres, as pequenas empresas temos que deixar claro ata o último detalle para xusticar cada subvención.

Máis información

Nova relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

Comentarios