Sábado. 20.04.2024
El tiempo

De quen son as ondas da Costa da Morte?

De quen son as ondas da Costa da Morte?

Xa temos falado do potencial surfeiro da Costa da Morte. A nosa costa é un auténtico diamante en bruto. Dada a nosa situación xeográfica é moi probable que teñamos algunhas das ondas máis grandes de Europa. E parece que as rifas están botadas.

Curiosa circunstancia a que se viviu, de feito, este verán en pleno corazón da Costa da Morte: Vascos, galegos e extranxeiros pelexando pola propiedade das ondas.

Este verán na fetiche praia de Nemiña puidéronse escoitar frases como "si lo haces por el dinero te damos 200 euros y te largas de aquí"... "este trozo de costa es mío"... "a ti no te vi nunca por aquí, no tienes derecho a estar aquí"...

E curiosamente non foi ningún dos "verdadeiros locais" quen as dicía. Xa nos parece algo dubidoso o feito de apropiarse unha zona, e berrar aquelo do "Vouuuuuuuuuuu!!!" cando un coruñés se sube á onda máis grande. Pero é que de esta volta a cousa vai máis alá, e foi un surfeiro de recoñecido renome vasco o que espetaba esta clase de frases a un fotógrafo afeccionado galego ao confluír na mesma praia, na mesma "esquerda".

Teñen propiedade realmente as ondas? Quen ten máis dereito a surfear unha onda? Podes botar a alguén dunha praia?

Unha potencia mundial

Con todo, cómpre sacar unha visión positiva, e outra negativa, do asunto. Surfeiros de todo o mundo pelean por ter a "propiedade" das nosas olas, e iso de seguro quere dicir que temos un tesouros.

Pero tamén algo malo, porque esta situación demostra que a rede de explotación do turismo surfeiro vai moi vagariño. Mentres no norte da bisbarra nos ofrecen bos exemplos de desenvolvemento económico a través do surf (3 campamentos de surf na comarca de Bergantiños), polo sur aínda non nos decatamos que crear escolas, campamentos, bungalows, areas de servizo... pode ser un recurso fundamental para a zona.

Parece que hai algo en marcha, e xa hai un grupo de oceanógrafos galegos están a comezar un proxecto que se chama "Protección e conservación de rompentes no litoral galego", que pretende achegar o descoñecido patrimonio natural costeiro por todo o mundo.

Máis información

Novas relacionadas

Outras novas

Máis novas

Fonte

Comentarios