Martes. 16.04.2024
El tiempo

De ruta pola parroquia de Muíño, en Zas

De ruta pola parroquia de Muíño, en Zas
arca da piosa zas A arca da Piosa, situada na parroquia de Muíño, é un dos monumentos maegalíticos máis importantes de Galicia Despois de percorrer as parroquias de Brandoñas e de Brandomil, o concello de Zas fai unha nova entrega na web municipal de "Zas polo Miúdo"; un programa co que se quere poñer en valor os recursos naturais e culturais de Zas e que está dirixido pola concellería de Cultura de Zas. Nesta ocasión, o concello ofrece unha información detallada da parroquia de san Tirso de Muíño grazas á documentación elaborada por Xosé María Lema Suárez e Evaristo Domínguez Rial. Esta parroquia está integrada polos lugares de As Abellas, Campos, O Couto, A Churía, A Fonte Espiño, Marán, Pedra Padreiro, A Piosa, A Santa, A Toxa e o Vilar e contaba con 271 habitantes no ano 2015. As súas festas patronais celébranse esta fin de semana; o sábado na honra a an Tirso e o domingo a san Xosé. ermida santa margarida muino Cada 26 de xullo, celébrase unha romaría na ermida de santa Margarida de Muíño Unha das súas festas máis coñecidas é a que se celebra cada 26 de xullo na ermida de Santa Margarida; festa da que xa hai constancia dende o ano 1.670. Precisamente, despois de varios anos, en 2016 as merendas ás que acoden xente de toda a bisbarra tiveron que cambiar de ubicación logo duns problemase entre os donos das leiras. A parroquia de Muíño tamén alberga un dos monumentos megalíticos de máis sona de toda Galicia: a arca da Piosa. Éste, ao igual que a ponte de Brandomil, foi outro dos monumentos que inspirou a Eduardo Pondal: Arca antiga da Pïosa, o vento que é triste oir funga nas esquivas uces, que están ó redor de ti; e pasa entre elas bruando con dorido xemir: debaixo das túas antes está o valente Brandomil. (...) ... O valente Brandomil saído da xentil e boa raza dos celtas, repousa aquí" (Eduardo Pondal.-Queixumes dos pinos; 1886) Máis información: Novas relacionadas Fonte

Comentarios