Venres. 29.03.2024
El tiempo

Debate, territorio, tradición oral, fauna, xeoloxía e roteiros no II Simposium Monte Pindo

Debate, territorio, tradición oral, fauna, xeoloxía e roteiros no II Simposium Monte Pindo

Se o ano pasado o I Simposium serviu para redescubrir a ermida mileria da Moa, veremos que nos espera este sábado 3 de decembro. Caldebarcos acolle esta pioneira xornada de divulgación científica e debate aspira a converterse nunha cita imprescindible para volver poñer na mesa os temas de actualidade no tocante ao Monte Pindo, e ofrecerlle a toda a veciñanza e sectores a posibilidade de pronunciarse libremente sobre o seu pasado, presente e futuro.

Deste xeito, a Asociación Monte Pindo Parque Natural convoca o II Simposium Monte Pindo no que se espera que participen todos os veciños de Carnota así como os amantes do Olimpo Celta e os especialistas nas diversas materias que ao longo de toda a xornada irán debullándose.

Debate, territorio, tradición oral, fauna, xeoloxía e roteiros serán desta volta os conceptos que centrarán a programación, sempre coa impresionante presenza da mole granítica no trasfondo.

Personalidades como César Cambeiro, Margarita Miguens Busto, Xosé Manuel Lobato, Moisés Asensi Cabirta, Andrés López Romero, Xoán Lestón ou Xoán Ramón Vidal Romaní tomarán a palabra.

Programa do II Simposium Monte Pindo

  • 10:00h. INAUGURACIÓN por César Cambeiro, presidente da Asociación de Veciños Xurde Caldebarcos.
  • 10:30h. PONENCIA "A custodia do territorio" por Margarita Miguens Busto, da Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA).
  • 11:30h. CAFÉ.
  • 12:00h. PRESENTACIÓN do libro "Máxico Tear Natural", polo escritor Xosé Manuel Lobato, que ao remate asinará exemplares.
  • 13:00h. PONENCIA "Anfibios e réptiles de Galicia e do Monte Pindo" por Moisés Asensi Cabirta, membro da Sociedade Galega de Historia Natural e autor da "Guía dos anfibios e réptiles de Galicia".
  • 14:00h. XANTAR*.
  • 17:00h. PROXECCIÓN EN ESTREA do documental "Sendeiros ocultos: Ruta á Moa" por Andrés López Romero, director.
  • 17:30h. RECITAL POÉTICO por Xoán Lestón.
  • 18:00h. PONENCIA por Xoán Ramón Vidal Romaní, xeólogo e director do Instituto Univ. de Xeoloxía Isidro Parga Pondal.
  • 19:00h. DEBATE ABERTO.
  • 20:00h. SAÚDA por Ramón Noceda Caamaño, alcalde de Carnota.
  • 20:30h. CLAUSURA por Xilberto Caamaño, presidente da Asociación Monte Pindo Parque Natural.

Máis información e inscricións

Para máis información e participar no xantar, cómpre anotarse ata o 2 de decembro no teléfono 667 39 31 73.

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios