Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Declaración de Camariñas provoca un Cambio de Rumbo medioambiental

Os bastonciños son un clásico residuo plástico que vai dos nosos báteres ás praias
A Declaración de Camariñas provoca un Cambio de Rumbo medioambiental
A Declaración de Camariñas provoca un Cambio de Rumbo medioambiental

É ben positivo ver que a sinatura comprimisos non quedan en papel mollado ou en simples declaracións de intencións. En agosto Concellos, confrarías e asociacións asinaban a Declaración de Camariñas, unha rúbrica para tomar en serio o coidado do medio mariño.

A primeira acción que nace como consecuencia desa Declaración, dentro de abano de iniciativas contempladas neste documento de intencións, terá lugar este vindeiro sábado 26 de outubro. Confrarías e Agrupacións de profesionais do mar, entidades ecoloxistas e voluntarios da Costa da Morte, viaxarán ao concello de Laxe para facer unha limpeza na súa praia.

”Unidos todos baixo o lema de “Cambio de rumbo” esta primeira ación conxunta de limpeza de lixo plástico será un acto cargado de simbolismo, poñendo en práctica unha vontade colectiva de esforzo e apoio mutuo, para manter a riqueza dunhas aguas que teñen que seguir sendo sustento da principal actividade económica e social da Costa da Morte: o marisqueo e a pesca de baixura”, explica un dos patróns desta fusión de colectivos, que non é outro que Xosé Manuel Barros, da asociación Mar de Fábula.

A cita está aberta a quen queira participar, e o lugar de encontro será ás 10:00h xunto a confraría. A organización levará luvas e bolsas e o Concello apoiará para a recollida final.

Novas relacionadas

LIMPEZAS VOLUNTARIAS DE 2019

Comentarios