Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Desmontando o parque eólico de Corme en pleno estado de alarma

OCUPANDO FINCAS SIN PERMISO para desmantelar o parque eolico de Corme
Aproveitando para desmantelar o parque eolico de Corme en pleno estado de alarma
Desmontando o parque eólico de Corme en pleno estado de alarma

Mentres a veciñanza de Corme Aldea xa está organizándose para presentar alegacións ao Proxecto Eólico das Salgueiras, os veciños afectados polo parque G3-Corme seguen a voltas co proceso de reponteciación. Dende "aquelas protestas veciñais do pasado mes de novembro, a empresa EDP retirara os guindastres e non realizara ningún traballo de desmanlamento dos 60 vellos viraventos, que serán respostos por outros 7 moito máis potentes.

Ata o pasado 16 de marzo, cando, segundo denuncia Asociación de Veciños “Eduardo Pondal”, volvían,a traballar nos montes cormeláns, aproveitando o confinamiento obligatorio dos propietarios das leiras afectadas polo estado de alarma. Certo é que este luns 30 de marzo, unha vez entraron en vigor as novas restricións de confinamento, a empresa xa non traballo.

Segundo EDP, “as interrupcións da obra débense a causas meteorolóxicas e de disponibilidade dos equipos”, e argumenta que xusto volveu hai 15 días pasada “logo dun período de temporais continuos”.

A Asociación denuncia ademais que “as tarefas iniciáronse adoecendo das medidas de seguridade adecuadas a unha obra de tal envergadura, tales como a ausencia de balizado das zonas de obras, ausencia de señalización de acceso de vehículos e persoas, zonas de traballo e do campo de acción, ausencia de medidas de seguridade en relación á desmontaxe eléctrico e mecánico completo do viravento, ausencia de medidas de seguridade”… mesmo no espazo que se atopa a menos de 120 metros dunha vivenda. Unhas acusacións que, dende a empresa, consideran inxustificadas, pois aseguran que “se están realizando cumprindo todos os requisitos legais de aplicación, incluíndo obviamente as disposicións en materia de seguridade”.

”A esta asociación parécelle singularmente grave o feito de que EDP Renovables aproveite a situación de alarma e confinamiento obligatorio (e tamén, xa que logo, a ausencia ou merma do labor inspector da Administración) para iniciar unha obra de tal envergadura sen adoptar as medidas de seguridade adecuadas, eludindo así posibles sancións administrativas polos incumplimientos denunciados”, denuncian, ao tempo que lamentan a “absoluta inacción das autoridades competentes que foron advertidas en varias ocasións, como son o Delegado do Goberno, o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria, o Secretario Xeral Técnico e o Director Xeral de Enerxía e Minas”.

RESTOS ACOPIADOS dos vellos viraventos do parque eolico G3 de Corme
Restos apilados dos vellos viraventos do parque eolico G3 de Corme

Os pagos

Son varios os veciñ@s que aseguran que levan 20 anos sen cobrar absolutamente nada a pesar de sufrir un viravento nos seus terreos, se ben a empresa asegura que si está “cumprindo así os contratos que se asinaron” e “os veciños recibiron as compensacións que lles corresponden pola ocupación dos terreos”. Non así os propietarios dos novos terreos afectados polas novas turbinas, e culpa a “uns poucos” que están protestando dos atrasos nos pagos. A entidade reitera que “está aberta ao diálogo e intenta sempre a consecución de acordos amistosos cos afectados polas instalacións”.

Denuncias por ruídos

Outro asunto grave que explica a veciñanza, é a denuncia presentada pola Asociación ante o Xilgado de Carballo, por delito medioambiental contra EDP e o Concello de Ponteceso polos ruídos provocados polo parque, unha vez que consideran que Tragsatec “falseou” os resultados dos informes. Empresa que foi escollida pola Consellería como encargada de verificar as mesmas denuncias.

 

Novas relacionadas co Parque Eólico de Corme

Máis novas

Comentarios