Imprimir

Denuncia a desfeita dunha calzada de pedra centenaria nos montes de Muros

Redacción | 23 de febreiro de 2021

Calzada Romana en Muros antes e despois
Calzada de Badernado en Muros antes e despois da desfeita

Subindo dende Muros cara Paxaireiras, polos montes aínda da parroquia da vila, xusto ao pasar o miradoiro dende onde xa se pode ver Carnota, comeza unha calzada de pedras, de estilo romana. A Calzada de Badernado, tamén coñecida como a “Calzada de Carnota”, foi durante séculos a vía de comunicación entre ambos concellos. É ademais unha parte emblemática da Ruta BTT Terras de Muros, e unha das zonas que máis disfruta a veciñanza de Muros cando quere saír a pasear. “Un auténtico espectáculo de peregrinaxe e de patrimonio histórico”, definen os veciños.

Precisamente un ciclista do Club Ciclista Muros quedaba abraiado estes días ao pasar por alí e non recoñecer o terreo. A industria madereira subira ata a zona e arrasou con boa parte da calzada.

Hoxe o Concello de Muros vai avaliar danos.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/muros/denuncia-desfeita-dunha-calzada-pedra-centenaria-nos-montes-muros/20210223104240125186.html


© 2021 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia