Martes. 23.04.2024
El tiempo

Denunciado o Presidente de Portos por neglixencias nas barandas de Camariñas e Caión

Denunciado o Presidente de Portos por neglixencias nas barandas de Camariñas e Caión

Continúa o Xornal.com coas súas denuncias a membros do PP. Hoxe coñecemos dous novos pasos, como son a apertura do procedemento penal contra o alcalde de Laracha; así como a denuncia contra o Presidente de Portos, Álvarez-Campana, como responsable da caída de varandas nos portos de Galicia.

Denuncia contra unha terraza ilegal

Por unha banda a denuncia contra o alcalde de Laracha de varios veciños e a Asociación Punta da Senreira de Caión o 25 de Marzo de 2011, a dado coa incoación da causa penal contra el. Os veciños denúnciano por deixamento de funcións no cargo que representa na Alcaldía nun caso dunha terraza ilegal no porto caionés.
Na súa denuncia os veciños da Vila, afirman que o Alcalde de Laracha "non actúa conforme ás Normativas que o mesmo co seu grupo de goberno aprobaron por maioría no pleno".

Denuncia contra o presidente de Portos

Ao Presidente de Portos de Galicia, Álvarez Campana acúsano de irregularidades e responsable da caída da varanda no Porto de Camariñas con dúas persoas feridas de gravidade.
Piden na denuncia unha investigación en profundidade en todas as obras con varandas en Portos de Galicia, que segundo as competencias transferidas a Galicia son 122 portos con sospeita de irregularidades na instalación de varandas que segundo parecen cáense co simple apoio dunha persoa, atentando contra os transeúntes dos recintos portuarios.

Na denuncia advirten "da falta de claridade na instalación da varanda no Porto de Caión e advirten que non é un prezo normal de mercado, 58.000 Euros por 27 metros de varanda, o que dá un custo medio de 2.000 Euros e algo metro lineal, polo que piden unha investigación en profundidade, logo de solicitar a Porto de Galicia, información concreta e que lles foi denegada, denegación esta que provocou a desconfianza na instalación deste tipo de obras, non só en Caión, se non en todo Galicia, aumentada esta por o recente accidente do Porto de Camariñas polo que piden responsabilidades penais".

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa de Xornal.com.

Comentarios