Venres. 19.04.2024
El tiempo

Denuncian aos responsables dun posto do Mercado de Cee que tiñan que estar confinados

Dia de Mercado dominical en tempos de Covid en Cee-Foto-Rafa Quintans
Un domingo de Mercado dominical en tempos de Covid en Cee-Foto-Rafa Quintáns
Denuncian aos responsables dun posto do Mercado de Cee que tiñan que estar confinados

Diversas situacións ás que se teñen enfrontado os axentes da Garda Civil e a Policía Local durante estes tempos de restricións. Se por Carnota a Policía Local multaba varios muradáns por saltarse o peche perimetral carnotán, por Cee, a Policía Local e a Garda Civil denunciaron este domingo aos responsables dun posto de venta ambulante que tiñan que estar confinados, pero que aínda así se presentaron no mercado dominical ceense.

Os axentes da requiriron a pechadura do mesmo e o cumprimento da preceptiva cuarentena. Os implicados aceptaron pechar o negocio e cumprir as medidas médicas dictadas, colaborando cos axentes unha vez foron requiridos para a pechadura do posto. En todo caso, os feitos puxéronse en coñecemento da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia por si os mesmos fosen constitutivos de infracción administrativa.

Lembran que a Garda Civil realizou durante este Nadal máis de 200 controis e inspeccións e 120 denuncias administrativas ás diferentes autoridades competentes. Destacan o recente desaloxo dunha festa ilegal o pasado 3 de xaneiro ás 4:00h en Trasufre (Muxía) na que se atopaban máis de 10 persoas incumprindo as normas sanitarias e a restrición á movilidad; ou festa desaloxada en Denle (Fisterra) a principios de decembro, ambas en vivendas apartadas ou inmuebles abandonados.

Comentarios