Venres. 29.03.2024
El tiempo

Denuncian o incumprimento do goberno de Cee da Lei de Protección Animal

Can perdido esta semana pola Pereirina
Este can perdido esta semana pola Pereiriña, ante a pasividade municipal, mentres Salvacadelos buscaba a súa familia
Denuncian o incumprimento do goberno de Cee da Lei de Protección Animal

Vén de constatar o BNG de Cee un segredo a voces: que o Concello de Cee, como algún outro da bisbarra, incumpre a Lei de Protección Animal posta en marcha o pasado 2018. Unha lei que obriga aos concellos a recoller os animais domésticos vagabundos e extraviados que deambulen polo seu termo municipal e albergaranos en centros de recollida.

Mentres moitos concellos xa traballan coa empresa XEA Xestión Ética do Abandono, Cee segue facéndoo por libre, sen atender as queixas de veciños e sen darlle valor ao traballo incansable de iniciativas como Salvacadelos.

Denuncia o BNG que dende o Concello mesmo se ten “levado aos cans que aparecen abandonados a concellos limítrofes, para unha vez alí dar o aviso correspondente, xa que neles si se actúa”.

Dende o BNG critican tamén que non haia ningún traballo, como si hai en Fisterra, co control sanitario das colonias de gatos. ”Non hai un control sobre eles, anda libres e non hai se recollen nen se controlan e /ou esterilizan.”

Propoñen ademais medidas para ir eliminando os problemas das defecacións dos cans polas rúas do pobo, e propoñen habilitar no recheo unha zona pechada onde os cans poida facer as súas necesidades, como a existente en Muxía, con dispensadores de bosas de recollida de excrementos e carteis de concienciación e multas, como anunciadas en 2016 pero nunca executadas multas.

Comarcalización

Dende o BNG pensan na Mancomunidade de Fisterra como unha entidade ideal para facer fronte a este problema común dos concellos da volta, sendo os máis afectados ademais os que pasan polo Camiño. Pensan ademais que Cee como o sitio ideal para centralizar o servizo, x”a que dispoñemos de terreos aptos e edificacións que facilmente se poderían reconverter nun centro de recollida, como o antigo matadeiro de Toba. A comarcalización de servizos pasa por ser a única alternativa para poder atender as necesidades da veciñanza dunha maneira sostible, e é moita hora de ir dando pasos firmes”.

Novas relacionadas

Comentarios