Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Denuncian que a Xunta cede a súa embarcación para salvar os salmóns de Muros

Denuncian que a Xunta cede a súa embarcación para salvar os salmóns de Muros

Continúan as granxas de salmóns (instaladas con nocturnidade e alevosía) da ría de Muros, sendo foco de protestas entre o sector mariñeiro, os grupos ecoloxistas e científicos. Esta pasada semana as protestas voltaron a alzala voz, ante as axudas que a propia Xunta de Galicia está a realizar para coa empresa norueguesa North West Food.

I é que segundo nos contan, e como comprobamos con estas fotos, a Xunta vén de poñer a disposición a embarcación anticontaminación para botar auga doce na xaula experimental instalada. Segundo parece un alto porcentaxe dos salmóns estan morrendo, polo que a empresa, segundo denuncian, pediría á Xunta colaboración para manter vivo o proxecto.

E aí está a Xunta, sempre atenta para axudar ao sector...

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios