Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O DeporCampus volve a Baio

Aberto o prazo de inscrición para nenos e nenas de entre 6 e 14 anos.

DeporCampus en Baio
Imaxe do Deporcampus en Baio do ano pasado
O DeporCampus volve a Baio

Como os dous pasados veráns, o Real Club Deportivo achega un dos seus 15 DeporCampus á Costa da Morte. O Campo Municipal Platas Reinoso de Baio acolle unha nova edición do campus de fútbol, que se desenvolverá entre o 29 de xullo e o 2 de agosto.

Os nenos e nenas de entre 6 e 14 anos poden participar nesta semana de adestramentos e xogos da man dos técnicos da canteira do RC Deportivo.

O prazo de inscrición está aberto ata as 12:00 horas do 25 de xullo, en deporcampus.rcdeportivo.es.
As tarifas son de 120€ a normal e de 100€ a bonificada e nela inclúese equipamento deportivo cun deseño exclusivo, seguro de accidentes deportivos, auga e froita durante os adestramentos, diploma e unha festa de clausura con agasallos.

DeporCampus_Zas_2019

Novas relacionadas

Comentarios