Venres. 19.04.2024
El tiempo

Deporte e Saúde con DaFit: #CorreconDafit

Deporte e Saúde con DaFit: #CorreconDafit
Damián e Dani Lema, os responsables de Dafit, non fallan nas Carreiras Populares Damián e Dani Lema, os responsables de Dafit, non fallan nas Carreiras Populares
O vindeiro domingo 27, terá lugar a XIV Carreira Pedestre “Vila de Corcubión”, sétima proba do II Circuíto de carreiras populares Correndo pola Costa da Morte, a cal, animámosvos e convidámosvos a que participedes, pero apresurádevos, xa que, hoxe remata o prazo para inscribirse. As carreiras populares están a adquirir máis valor na nosa comarca, e son de interese persoal e profesional para nós, equipo DaFIT. En que consisten? As carreiras populares, como diciamos, son probas deportivas nas que se recorre unha determinada distancia (10k ou 5k, neste caso, “Correndo pola Costa da Morte”) na que a maioría dos/as participantes, federados ou sen federar, corren sen ánimo de lucro, é dicir, para superarse a si mesmos, mellorar a súa marca, correr co seu clube ou co grupo de amigos, facer deporte, adestrar ou simplemente rematar a carreira. Existen algunhas con décadas de tradición, como é o caso da de Corcubión. No que vai de ano, dentro do circuíto “Correndo pola Costa da Morte”, celebráronse a IV Pedestre de Camariñas, a IV Pedestre de Vimianzo, a I Pedestre de Dumbría, a II Pedestre de Zas, a II Pedestre de Cee (sendo DaFIT parte dos patrocinadores) e a XXIV Pedestre de Carnota, coñecida como  a Carreira das Areas (parte do recorrido discorre pola fermosa praia de Carnota), para cerrar o circuíto quedan por celebrarse a proba de Corcubión, Fisterra e por último Muxía. Pero na nosa zona e arredores existen moitos eventos desta índole e  cada vez con máis sona, nós tivemos a oportunidade de participar en algúns deles,  cabe destacar:
  • V Trail Subida o Monte Pindo, unha proba de 23.5km. na que se alcanza unha altitude máxima de 620m. cun desnivel de 1600m. de ascenso e descenso. Sendo o trail máis rocoso de toda Galicia.
  • II Ultra Trail Camiño dos Faros, unha carreira de 203km, que trascorren de Malpica ate Fisterra,  cun límite de 48 horas e con 4000m. de desnivel. Un dos principais obxectivos do mesmo é promover o turismo deportivo e de aventura, así como colaborar de modo solidario, pese a que este ano a organización tivo que suspendelo, a proba foi levada a cabo, con medios propios, grazas a colaboración cidadá de amigos e familias, dos/as participantes.
  • Maratón do Atlántico, #Coruña42 celebrado na cidade da Coruña, cun ambiente espectacular e gran número de participantes.
  • Primeira edición da Gladiator Race, unha proba de 9km. na que hai que superar  26  obstáculos naturais e artificiais, celebrada no  Monte do Gozo (Santiago de Compostela).
  • Santyago, carreira nocturna de 10k, homologada pola Real Federación Española de Atletismo e que discorre polo casco histórico de Santiago.
  • V Carreira Pedestre do Concello de Vimianzo, que se disputou conxuntamente co Campionato Galego de 10k en ruta, contando polo tanto cun circuíto homologado, na que tamén participamos como patrocinadores.
Para nós, o principal obxectivo de cada carreira é o disfrute , o pracer e a satisfacción persoal, coñecer xente nova que lle apaixona este deporte, así como, crecer profesionalmente e poder dar así un mellor asesoramento. Correr e participar en actividades e eventos deste tipo, podemos dicir que engancha e moito, pero que é convinte ter en conta unha serie de recomendacións e/ou consellos si decidides animarvos a participar. Sobre todo, para evitar  molestias, problemas físicos ou incluso lesións, ou ben para non caer no desánimo por non progresar.  Este non é un articulo de tecnicismos abrumadores, queremos amosarvos unhas pautas que che permitirán disfrutar máis correndo:
  • Constancia, tanto si son rápidos ou lentos os progresos. ¡Moi importante o factor Paciencia!
  • Vida saudable. Dieta equilibrada (Recorda!! si corres podes comer todo o que queiras = MITO!) e hidratación antes, durante e despois de cada adestramento e carreira.
  • Planificación e programación dos adestramentos. Realiza unha búsqueda de espazos axeitados para correr, pois correr por montaña é bastante máis entretido, pero sobre todo,si se é principiante aumentas a posibilidade de sufrir esguinces ou torceduras, así como someter ós ligamentos a un estrés innecesario ó tratarse dunha superficie desigual. Tampouco é convinte correr por beirarrúas ou superficies moi duras.
  • Quecemento e estiramentos previos, de preparación para o esforzo que se vai a realizar.
  • Coñecemento dos propios límites, pois o sobre- adestramento tamén é unha das causas principais de lesións. Ti eres o teu rival  e o que mellor te coñeces, na carreira isto é fundamental, vas a pasar tempo contigo mesmo. O importante é a satisfacción final e o disfrute.
  • Controla a respiración.
  • Coidar a técnica da carreira, permitirache correr de maneira máis eficiente, facendo máis quilómetros con menos esforzo e evitando así posibles lesións e dores. ¡ Corre erguido! Coida a saúde postural.
  • Engade traballos de forza ós teus adestramentos. Permitirache fortalecer os osos, ligamentos e tendóns e endurecer os músculos, soportando así, mellor o impacto continuado que supón correr. É moi importante tamén, intercalar diversos métodos de adestramento.
  • O rematar un adestramento ou carreira facelo dunha maneira progresiva,non bruscamente, baixando o ritmo lentamente das pulsacións, así como da respiración e nos estiramentos musculares.
  • Disfrutar da actividade e recorda que é un proceso de aprendizaxe.
Pedro Nimo tamen CorreconDafit

Non te compares cos demais, compárate coa persoa que eras onte! #correcondafit

Pedro Nimo del Oro. Campión de España de Maratón. 2014.

Ata a semana e recorda, #entrenacondafit  ;) Dafit Adestramento Persoal Costa da Morte

Sesións con Dafit

Máis información

Fonte

  • Enlace patrocinado.

Comentarios