Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Deporte e Saúde con DaFIT: #DaFitKIDS

Deporte e Saúde con DaFIT: #DaFitKIDS

Unha investigación realizada no ano 2014, pola Universidade Politécnica de Madrid, dicía que o 19% dos nenos en España tiñan obesidade e que o 26% sobrepeso. Ambas cifras suman un 45%. É dicir, que 1 de cada 2 nenos teñen obesidade ou sobrepeso? Guauuu... Cifras bastante alarmantes.

Os múltiples beneficios da actividade física son coñecidos, sen embargo, a sociedade tende cada vez máis a unha peor alimentación e a un estilo de vida máis sedentario, por iso as cifras de obesidade infantil son alarmantes. A OMS, considera a inactividade física un problema de saúde mundial, ate o 60% da poboación non realiza actividade física, cos riscos que elo conleva. Sabemos que unha vida san non ten prezo, así que, comecemos a inculcar unha cultura deportiva e hábitos saudables.

Neste artigo centrarémonos na condición física dos nenos e nenas relacionada coa saúde, facendo referencia específica a aqueles compoñentes da condición física que se asocian con algún aspecto de boa saúde e/ou de enfermidade, e non necesariamente co rendemento deportivo.

Campamento DaFitKIDS no Ezaro Campamento #DaFitKIDS no Ézaro

Dende os cinco anos, recoméndase o exercicio físico polos múltiples beneficios, a curto e longo prazo, que aportan:

  • Mellora a capacidade cardiorespiratoria.
  • Favorece o crecemento óseo.
  • Mellora os niveis de hormonas relacionadas co metabolismo.
  • Axuda a manter unha composición corporal axeitada.
  • Mellora a autoestima e diminúe os niveis de depresión.
 

Tal e como marcan as principais institucións internacionais de saúde, os/as nenos/as deben realizar actividade física durante toda a infancia e adolescencia. Pero, sobre todo nas idades máis temperás a actividade debería ser presentada como un xogo e respectando a ser posible, a súa creatividade no mesmo, xa que para eles/as é unha forma de aprender e desenvolver a súa intelixencia. A actividade física debe relacionarse con sensacións positivas para conseguir que a realicen de forma voluntaria e pracenteira, non como unha obriga. Todos somos conscientes do positiva e necesaria que resulta a actividade física no seu desenvolvemento non só físico, senón tamén social e psicolóxico. En función da idade e do nivel presentan diferenzas, polo que á hora de aplicar contidos, medios e métodos, estes deben estar adaptados ós seus niveis de desenvolvemento. As diferenzas non son tanto a nivel físico, senón máis ben en adaptacións fisiolóxicas e sobre todo desenvolvemento motor, xa que pasan por unha etapa de adquisición de habilidades que quedarán fixadas a moi longo prazo. Cada idade implica unhas necesidades específicas, as cales se deben ir cumprindo para lograr unha axeitada adaptación e crecemento físico e muscular.

 

Existen evidentemente moitos tipos distintos de actividade física que serven para desenvolver diversos aspectos a condición física. Os tipos máis importantes de actividade física para a saúde infantil e xuvenil son:

  • As actividades relacionadas co traballo cardiovascular (aeróbico). Andar, correr, montar en bicicleta, palear nunha canoa ou bailar. É moi importante recordar que se debe progresar de xeito razoable, que a actividade deberá ser de fácil acceso e divertida e ter en conta certas cuestións de seguridade (uso de casco na bici, ser prudente coas actividades de alta intensidade, etc.)
  • As actividades relacionadas coa forza e/ou a resistencia muscular. Servindo para desenvolver e fortalecer os músculos e os ósos. Empregamos a forza e a resistencia muscular cando empuxamos, tiramos ou transportamos, por exemplo). Existen multitude de actividades que poñen a proba a forza muscular sen necesidade de levantar pesas. Debendo ser prudentes con aquelas que esixan pesos ou resistencias excesivas, xa que poden danarse os ósos ou cartílagos de crecemento. As pesas pódense substituír por traballo con gomas, por exemplo.
  • As actividades relacionadas coa flexibilidade. Algunhas actividades que melloran a flexibilidade son as artes marciais, a ximnasia, ou por exemplo o método Pilates. Por outra banda, é convite realizar estiramentos periódicos, pois se non se traballa, pérdese rapidamente. Require tempo lograr melloras significativas, polo que se debe ser paciente. Durante as principais fases de crecemento resultan habituais as perdas significativas, pois medran con maior rapidez.
  • As actividades relacionadas coa coordinación motriz. Estas son excelentes para o desenvolvemento motor, implican movementos suaves e precisos (camiñar sobre unha barra, deportes de raqueta, regates no fútbol, saltos mortais, etc).
 

Aínda que cada idade vaia a desenvolver as actividades de diferente forma e centrándose nunha serie de aspectos a potenciar.

A hora de elixir unha actividade é convinte que proben diferentes cousas ate que atopen aquilo que máis lles gusta. Unha elección inadecuada, prematura ou imposta pode acabar rapidamente con ese espírito deportivo do que estamos a falar.

Por rango de idades, de 4 a 8 anos, xa están preparados para asimilar normas sinxelas, pero é moi interesante que se traballe e fortaleza todo o corpo, unha actividade sexa global, implicando tanto extremidades superiores como inferiores, para favorecer o crecemento e o desenvolvemento da lateralidade. Gústalles moito o traballo en intervalos. No caso de deporte regrado, dúas sesións a semana de sesenta minutos, son suficientes. No intervalo de idade de 8 a 12 anos, xa poden establecer preferencias eles mesmos e decantarse por algo máis concreto, pero debese procurar que desenvolvan e estimulen igualmente todas as súas capacidades. Xa pode practicar cinco días a semana actividade física, pero esta debe ser variadas e completas. E respecto ós maiores de 12 anos a 17, xa pode practicar calquera actividade física ou case calquera deporte, está preparado/a para afrontar como queira a súa práctica deportiva. É coa puberdade, a propia evolución permitiralle buscar máis rendemento, si quixese, e adestrar de xeito máis estruturado.

Campamento DaFitKIDS  

Obxectivos respecto a actividade deportiva dos/as máis pequenos/as da casa:

  • Respectar os seus gustos. Algúns nenos/as teñen un talento natural para actividades rítmicas, coordinación motriz,... deben probar e experimentar todas as posibles (non só o que ós pais lles gusta).
  • Promover os valores do deporte: compañeirismo, interacción, aceptación de normas, superación, traballo en equipo, xogo limpo, honestidade…
  • Combinar actividades físicas e experiencias deportivas diferentes, tanto individuais como en equipo.
  • Divertir e motivar, si a actividade non consegue isto proceso de aprendizaxe verase mermado.
  • Reforzar tanto positiva como negativamente, rematando cun balance positivo das súas accións.
  • Adquirir e afianzar hábitos alimentarios axeitados. Tampouco non obsesionarse coa comida sana, senón cun consumo moderado (vexetais, froitas, peixe, carnes, azucres simples), está claro que si o/a neno/a é sedentario todo vai a ser malo.
  •  

    E non esquezades que as actividades deben presentarse como un xogo, buscando que se divirtan e o pasen ben. Non se trata de facer grandes deportistas que destaquen nunha determinada especialidade deportiva. A especialización pode limitar o desenvolvemento de outras habilidades e condicións físicas, o feito de participar en multitude de actividades deportivas terá beneficios físicos e vantaxes a nivel social e psicolóxico.

    En DaFit dámoslle moita importancia a este punto, ben sexa deseñando actividades de ocio educativo onde se fomenta o contacto coa natureza, actividades dirixidas como: KickBoxing Infantil, Zumba-Kids, Predeporte, Iniciación o Running; ou adestramentos personalizados para os máis pequenos e pequenas da casa. Estes hábitos débense fomentar dende pequenos onde o papel da familia é importantísimo, non tratándose só de inscribilos nunha actividade, senón dando exemplo e compartindo momentos de ocio.

     

    Sesións con Dafit

    Máis información

    Dafit seguenos

    Fonte

    • Enlace patrocinado.

    Comentarios