Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Deporte e saúde con DáFIT: Efecto EPOC ou Postcombustión

Deporte e saúde con DáFIT: Efecto EPOC ou Postcombustión

“Adelgaza mentres ves a tele!”, “Adelgaza mentres tomas o sol”, “perde graxa mentres dormes”… C a u t i o n !

Homer vendo a tele Titulares chamativos e con sorna que estamos, case, acostumados e acostumadas a ver ou a oír, e que neste caso, poden ser  relativamente certos, pois,  podemos estar perdendo graxa ate 48 horas despois. ¿Cómo pode ser iso? Pois lendo a letra pequena, é dicir, que previamente débese adestrar e  adestrar con intensidade, para así activar o efecto EPOC. A continuación, explicaremos en que consiste o Efecto EPOC dun xeito moi sinxelo, sen entrar demasiado en fisioloxía. En anteriores artigos falabamos do adestramento en Alta Intensidade, tamén coñecido como HIIT (Hight Intensity Interval Training). Este adestramento consiste en exercicios cardiovasculares realizados en intervalos de alta intensidade con intervalos de descanso, por exemplo  un circuíto Tabata, con cambios de ritmo e pouco tempo de descanso. Un dos obxectivos que se conseguen co HIIT é reducir a porcentaxe de graxa, pois a alta intensidade dos intervalos de traballo consegue que se queimen maior número de calorías  e graxa, debido ó efecto térmico residual do adestramento. E ¿que é iso do Efecto Térmico Residual? Efectivamente! O Efecto EPOC (Excess Post-exercise Oxygen Consumption) “Exceso de consumo de osíxeno post- exercicio” ou “Débeda de osíxeno”.  E ¿qué é o EPOC?  Situándonos, temporalmente, despois dos adestramentos e de xeito resumido, consiste no gasto enerxético post- exercicio; no osíxeno que consumimos unha vez finalizado o adestramento, o cal nos permite recuperar os valores do organismo como antes de iniciar o adestramento. Desta forma restablecese a temperatura corporal, os niveis de  hidratación, o ritmo cardíaco, a actividade hormonal, etcétera. É dicir, que ao finalizar o adestramento o organismo continúa cunha actividade metabólica elevada ate que volve ó repouso absoluto. O gasto calórico segue manténdose obtendo a enerxía queimando a graxa corporal. A duración da débeda de osíxeno é proporcional ó volume e a intensidade do adestramento realizado. O efecto EPOC é maior tras un exercicio de alta intensidade si se compara co EPOC despois dun traballo livián ou moderado. Polo que o  consumo de osíxeno  será maior si a intensidade do exercicio foi mais elevada, gastarase así máis enerxía,  queimaranse máis calorías e por extensión, máis graxas para a recuperación. Pola contra, si o adestramento realizado foi moderado e de curta duración, a recuperación do esforzo e polo tanto, o efecto EPOC, será máis rápido, en menos espazo de tempo e gastaranse menos calorías e menos graxas para a recuperación. Isto ten unha explicación fisiolóxica fundamentada, na cal non entraremos a detallar. Participantes de CrossForce Training O Conco Participantes de CrossForce Training O Conco   Si se quere conseguir un gasto de certa importancia na fase de recuperación (xa en repouso) os adestramentos previos han de ser de calidade e intensidade suficiente, xa que o efecto  EPOC é directamente proporcional á intensidade do exercicio.  Antes falabamos do HIIT como  exemplo de aumentar a intensidade e o efecto o EPOC, outros exemplo son: o adestramento con pesas ou con cargas, con recuperacións curtas entre serie e serie ou dividir un adestramento longo en dúas sesión (mañá e tarde). O exercicio Interválico de Alta Intensidade (HIIT ) consegue manter o efecto EPOC no tempo.  Segundo  diferentes estudos, unha persoa que realice actividade física cada dous días a unha alta intensidade terá un compoñente lento do EPOC, latente durante toda a semana. Polo tanto, e para rematar, sexa cal sexa o voso obxectivo (perder peso e reducir graxa, ganar masa muscular, aumentar o rendemento, etcétera.) é moi recomendable o adestramento a alta intensidade para que o EPOC se manteña no tempo. Sempre  de xeito controlado e dentro duns límites, adaptándose ás peculiaridades individuais de cada persoa.  Dende DaFit apostamos por esta modalidade de adestramento e os resultados obtidos van consolidado esta idea.  Utilizando este método ben como traballo principal ou de forma complementaria, en función dos obxectivos a acadar de cada persoa e das propias condicións físicas de partida. Se decidides poñelo en práctica e comezar a empregar o método HIIT, recordade que se basea en picos de esforzo de  alta intensidade. É un método moi efectivo pero moi  esixente  que require unha boa forma física de base, pero sobre todo precisa: supervisión e planificación  que serán fundamentais, pois non sempre se pode adestrar ca mesma intensidade. Participantes de CrossForce Training O Conco 2 Dentro da programación - DaFit, de actividades dirixidas nas instalacións do Conco (Dumbría)  contades con CrossForce Training e Conco Box, dúas actividades nas que se traballa por intervalos de alta intensidade con períodos de recuperación, e cunha adaptación (carga, repeticións, etc. ) a o nivel de cada participante.  

Sesións con Dafit

Máis información

Dafit seguenos

Fonte

  • Enlace patrocinado.

Comentarios