Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Deputación amplía o prazo para os Premios PEL de iniciativas innovadoras contra o COVID

pel-reactiva-papel-logo-centrado-oscuro-1024x341
A Deputación amplía o prazo para os Premios PEL de iniciativas innovadoras contra o COVID
A Deputación da Coruña amplía o prazo de presentación de candidaturas á cuarta edición dos premios PEL, podendo rexistrarse candidaturas ata o vindeiro 28 de xaneiro ás 14.00 horas. Uns premios que  repartirán un total de 75.000 euros en premios, 15.000 por cada categoría.

Os premios do Plan de emprego local contan con cinco categorías, impulsadas tanto por empresas como por concellos, contribúan na loita contra a COVID-19:
  • 1ª CATEGORÍA: Premio á mellor iniciativa empresarial nova. Para pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos/as que iniciasen a súa actividade empresarial ininterrompida nas anualidades 2019 ou 2020 e sempre con anterioridade á publicación da convocatoria no BOP
  • 2ª CATEGORÍA: Premio á mellor iniciativa empresarial consolidada. Para pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos/as que comezasen a súa actividade empresarial ininterrompida durante a anualidade 2015 ou con anterioridade
  • 3ª CATEGORÍA: Premio á mellor iniciativa innovadora na loita contra a COVID-19. Para pequenas e medianas empresas, microempresas, autónomos/as e concellos que a través da súa actividade innovadora axudasen a frear a expansión da COVID-19, investigaran unha posible cura e/ou contribuísen dalgún xeito a paliar os danos, efectivos e colaterais, ocasionados pola pandemia.
  • 4ª CATEGORÍA: Premio ao concello promotor do emprego de calidade. Para concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia que impulsen a iniciativa empresarial e o emprendemento, promovan a xeración de emprego de calidade e contribúan a evitar o despoboamento do rural.
  • 5ª CATEGORÍA: Premio á mellor asociación empresarial. Para asociacións, agrupacións e federacións de empresarios/as da provincia da Coruña.

As bases reguladoras e a convocatoria pódense consultar na páxina web do Premio Provincial á Mellor Iniciativa Empresarial. A participación só poderá realizarse mediante a presentación telemática da documentación, a través da plataforma Subtel.

 

Comentarios