Imprimir

A Deputación e Concellos como Vimianzo ou Muxía habilitan teléfonos de teleasistencia

Redacción | 26 de marzo de 2020

Ademais do dispostivo de Contigo Mellor, a Deputación amplía o servizo co teléfono de teleasistencia 900 533 027
Ademais do dispostivo de Contigo Mellor, a Deputación amplía o servizo co teléfono de teleasistencia 900 533 027

Contigo Mellor é o servizo de Teleasistencia Domiliaria da Deputación da Coruña. Unha liña telefónica para prestar o servizo de atención psicolóxica á veciñanza para dar unha resposta positiva e inmediata ante situacións de emerxencia e necesidade as 24 horas do día, 365 días ao ano.
Ademais do pequeno dispositivo co que contan centros de maiores, a entidade provincial abre tamén o teléfono 900 533 027

Así mesmo, os Concellos de Vimianzo e Muxía abren liñas teléfonicas de atención psicolóxica á veciñanza, de balde e mantendo o anonimato:

  • En Vimianzo o número 673 427 498. estará dispoñible as 24 horas do día.
  • En Muxía, o número ao que a veciñanza pode chamar é o 618 895 265.
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/muxia/deputacion-concellos-como-vimianzo-muxia-habilitan-telefonos-teleasistencia/20200326202858118565.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia