Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Deputación da Coruña e o Concello de Zas colaboran un ano máis na xestión das Torres do Allo

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o alcalde do Concello de Zas, Manuel Muíño, e o deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o alcalde do Concello de Zas, Manuel Muíño, e o deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas.
A Deputación da Coruña e o Concello de Zas colaboran un ano máis na xestión das Torres do Allo

Por cuarto ano consecutivo, o Concello de Zas encargarase da xestión e da programación das Torres do Allo ao longo de todo o 2020 grazas a un convenio de colaboración coa Deputación da Coruña. O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde do Concello de Zas, Manuel Muíño, asinaron o pasado 17 de xaneiro o acordo nun acto ao que tamén asistiu o deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas.

O ente provincial achegará un total de 61.000 euros que se utilizarán para a financiación de actividades encamiñadas á promoción do monumento tanto entre o público local como entre os visitantes. O convenio ten como obxectivo darlle un uso turístico ao monumento,, impulsar o seu uso educativo e implicar á poboación local na posta en valor do edificio. Para iso realizaranse ao longo de todo ano actividades de atención a visitantes, comunicación e promoción, así como un programa didáctico dirixido aos centros educativos.

sinatura-convenio-torres-do-all1

Atención aos visitantes

O convenio contempla a apertura do monumento de 182 días cun horario que do 1 de xaneiro até o 15 de xuño e do 16 de setembro ao 30 de decembro será de 11:00 a 19:00 horas os fins de semana e festivos para ampliarse na tempada de verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro) de luns a venres de 11:00 a 20:00 horas e as fins de semana e festivos de 11:00 a 21:00 horas. En Semana Santa abrirase de 11:00 a 20:00 horas. Cada día de apertura realizaranse dúas visitas guiadas abertas a todos o os públicos e durante o verán ofreceranse ademais visitas teatralizas.

No convenio establécense ademais outras iniciativas de difusión e promoción do monumento dirixidas á comunidade escolar, ao público local e aos visitantes. Entre elas figuran exposicións temporais, actividades para o día do xogo tradicional, unha nova edición do concurso fotográfico “Enfoques do Allo”, un novo ciclo de monografías, a celebración do mercado de San Ramón e o xogo “Scape Room”; un dos máis existosos.

Con este novo modelo de xestión, posto en marcha no 2017, o monumento, propiedade da Deputación da Coruña e xestionado polo Concello de Zas, experimentou un notable incremento no número de visitantes. O alcalde de Zas, Manuel Muíño, considera “moi positivo este acordo e co ano tras ano se consiguen mellores resultados en canto ao número de visitantes como ao coñecemento dun dos monumentos de referencia da Costa da Morte”.

Comentarios