Martes. 23.04.2024
El tiempo

Novas ideas para a promoción da olería de Buño

Imaxe da xuntanza do Concello de Malpica coa Deputación da Coruña
Imaxe da xuntanza entre o Concello de Malpica e a Deputación da Coruña
Novas ideas para a promoción da olería de Buño

O vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, reuniuse coa concelleira de Cultura, Igualdade, Patrimonio e Olaría de Malpica, Leticia Varela, e o concelleiro Daniel García para estudar novas vías de colaboración para a promoción da olaría de Buño, un dos principais recursos patrimoniais e turísticos do concello e tamén económicos. Na visita á Deputación, xuntáronse tamén coa deputada de Igualdade, María Muíño, arredor da elaboración do Plan de Igualdade Municipal.

A creación dun banco de imaxes da olaría tradicional, a ampliación do programa de promoción ao longo de todo o ano ou a ampliación das instalacións do Forno do Forte foron algúns dos temas que centraron a xuntanza entre o vicepresidente da Deputación da Coruña e os membros do goberno municipal de Malpica.

Ademais, contemplouse tamén a posibilidade de incluír a Festa da Carroa, a cocedura tradicional que fan os oleiros de Buño, no convenio de colaboración entre as dúas institucións para a dinamización das instalacións que son propiedade da Deputación da Coruña e xestiona o Concello de Malpica de Bergantiños. Xunto estas propostas, entre as dúas institucións traballarán conxuntamente para que o convenio contemple actividades de difusión da olaría ao longo de todo o ano, ademais do evento principal que se desenvolve nos catro días da Mostra da Olaría.

Para a mellor xestión das visitas ao Forno do Forte, propiedade da Deputación da Coruña, o Concello propuxo a adquisición do terreo colindante para o estacionamento de vehículos, servizo do que é deficitario o museo.

Finalmente, no que respecta ao patrimonio de Malpica de Bergantiños, na orde do día da xuntanza incluíuse a valoración do estado do proxecto do Parque Megalitismo do que o concello conta co ben a Pedra da Arca, un dos catorce dolmens incluídos no conxunto patrimonial do territorio.

Comentarios