Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Deputación exporta gastronomía e ocio da Costa da Morte á Feira Ibérica de Turismo de Portugal

Xose Regueira na presentacion da FIT
Xose Regueira falando na presentación da FIT
A Deputación exporta gastronomía e ocio da Costa da Morte á Feira Ibérica de Turismo de Portugal

O pan e as empanadas de Carballo, as filloas de Zas e os pinchos irmandiños de Vimianzo xa foron estrelas do Xantar. E volverán saír da bisbarra para amosarse na Feira Ibérica de Turismo da Guarda en Portugal, da man dunha Deputación da Corña que tamén levará unha mostra ao vivo de Olería de Buño, a actividade das redeiras de Malpica, as palilleiras de Camariñas, a presentación do Gran Trail da Costa da Morte, a batucada de Laxe ou o Asalto ao Castelo de Vimianzo.

A FIT, que está considerada a segunda feira do sector en Portugal, despois de Lisboa, desenvolverase do 2 ao 5 de maio, e pasa por ser unha cita que ten unha especial atención ao turismo transfronteirizo nun encontro que promove o turismo de proximidade. A Deputación leva un programa de actividades culturais e de promoción da riqueza dos recursos e a gastronomía tradicional e contemporánea.

O deputado de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira, participará no acto de inauguración da FIT que terá lugar o vindeiro 2 de maio, na que a institución contará cunha presenza especial na condición de destino convidado. "Para nós é unha grande honra ocupar ese espazo privilexiado no programa da feira, sabendo ademais a repercusión que ten para promover os recursos turísticos nun evento de especial interese e impacto", sinala Xosé Regueira ao tempo que destaca a necesidade de intensificar a relación con Portugal, cunha historia común mais tantas veces "de costas dadas”.

"O turismo, é unha boa oportunidade de romper esta tendencia ao descoñecemento, e de que voltemos a encontrarnos e recoñecernos", afirmou.

Novas relacionadas

Comentarios