Venres. 29.03.2024
El tiempo

Descende o paro na Costa Morta

Descende o paro na Costa Morta
Algúns titulares de prensa son dignos de marco na parede do salón, pois, aproveitar o aumento de contratos “basura” para tentar vendernos esta moto e xa un pitorreo, porque aqui nesta costa morta as vacas apastan nos polígonos desertos, e a xuventude xa fai anos que emigrou. por motivos de forza maior.

Si, aínda que pareza de coña, a algún xornalista de academia e diploma ocórreselle a xenial idea de publicar a gran nova do ano: “El paro desciende en la Costa da Morte”, e a poboación queda con cara de tres solitario ao ler semellante artistada e, como non, en “castellano”, que “va a empezar la fiesta porque ya está botando los fojhetes”. O que queda xa totalmente claro e que eso de su bvencionar a parte da prensa escrita parece que se lles da moi ben a estes políticos que están nos cumios arpados por desexo maioritario de Susana Diaz e catro xestores. Si, unha ditadura que se autoproclama democracia e, ademais, sistema do ben-estar, xa claro, porque Eles estar estan ben, moi ben, cada dia mellor, pero aqui, na nosa pequena galia do noroeste atlántico todo se está sostendo nas pensións e no millón e medio de bares que ainda temos, porque a flota marítima xa foi desgüazada e a ganaderia tocou fondo, e xa non falemos deses señores ancianos que fan de peóns albañileros facendo de artistas circencenses nos andamios neolíticos das derradeiras mini-constructoras que ainda ollamos polas nosas parroquias, os empresarios quitapieles, como os chaman algúns.

Eso de querer chegar a pensión completa o final vaise quedar nun “case o consigues” porque o famoso fondo de pensións creo que xa o gastaron en meretrices e grandes xantares os das tarxetas black. E debo repetir que son as pensións as que están sostendo aqui, nos nosos eidos, esta crise artificial que se encamiña directa cara unha gran depresión económica onde os ricos gañan, a banca gana, como non, e os pobres seguiremos sendo pobres, cecais algo máis pobres que antes, eso si, pero cando a crise é un lucrativo negociazo eso quere dicir que a cousa empeorará…. si ou si. E, como xa mencionei o ano pasado noutro artigo, o retorno masivo dos nosos emigrantes pode acelerar o proceso dramáticamente porque o traballo do que falan os mentireiros nin está nin se lle espera.

 
  • Óscar de Souto, pintor de follas en branco e autor de Trece Poemas.

Outros artigos de Óscar de Souto

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios