Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Desestacionalización: Setembro e outubro confírmanse como bos meses para o sector turístico

Os datos de Compostelás e Muxianas sinalan que case un 2% dos Peregrinos do Camiño de Santiago continúan o seu camiñar cara a Muxía.
Valencianas coa Muxiana no Punto de Informacion TUristica de Moraime
Valencianas coa Muxiana no Punto de Información Turística de Moraime
Desestacionalización: Setembro e outubro confírmanse como bos meses para o sector turístico

O Punto de Información Turística de Moraime, aberto ininterrumpidamente dende o 1 de xuño ata o 7 de outubro, vén de facer balance de visitantes.

Unha das conclusións principais do informe é o incremento de peregrinos nos meses de setembro e a primeira semana de outubro, en detrimento dos meses de maio e xuño, como era a tendencia, e que nestes últimos anos está cambiando. Un dato esperanzador, pois parece que pode levar cara a desestacionalización paulatina do sector turístico.

Unha oficina que, dado o bo traballo deste verán, estará aberta durante todo o ano (cun horario máis reducido) para seguir dando apoio aos visitantes e así manter vivo o conxunto histórico, da man da súa responsable Sesé Barrientos.

Os datos

Nos 129 días que o Punto de Información estivo aberto, recibiu a visita dun total de 4917 persoas, o que supón unha ratio de 38,12 persoas/día, aínda que houbo meses en que esta cifra viuse moi incrementada e outros nos que se mermou, e así en agosto a ratio foi de 56,26 persoas/día e en xullo, a menor da tempada, curiosamente, foi de 29,68 persoas/día.

Deses 4917 visitantes, o 68, 62% dos mesmos foron peregrinos buscando deixar constancia, nas súas credenciais, do seu paso por Moraime ou obter a Muxiana. Foron 3374 as credenciais seladas.
O 31, 38% dos visitantes foron turistas ou viaxeiros demandando información da zona, lugares a visitar ou rutas a seguir.
En todo caso, agosto é mes de turistas, máis que de peregrinos, todo o contrario que xuño ou setembro-outubro, onde a porcentaxe de turistas apenas chega ao 10%.

Sobre as nacionalidades, destacar que o 30% dos peregrinos son españois, o 18% son italianos, o 9% portugueses e o 8% alemáns. A UE é, sen lugar a dúbida, o maior emisor de Peregrinos que visitan o noso punto, supoñendo un 83,11% do total.
En España, os cataláns son os peregrinos máis habituais por diante dos madrileños ou andaluces.
Por contra, os turistas soen ser galegos (40%), que viñan expresamente a coñecer Moraime, a Igrexa de San Xiao e o Monasterio, incluso as excavacións realizadas o ano anterior. Ademais houbo un 30% de españois e só un 14% de europeos.

De Santiago a Muxía

Un dato interesante que saca a oficina é a cantidade de peregrinos que chegan a Compostela e que continúan ata Muxía. A Oficina de Atención ao Peregrino de Santiago de Compostela, indica que sacaron a Compostela 49067 persoas durante o mes de xuño, o que di que case un 2% dos Peregrinos do Camiño de Santiago continúan o seu camiñar cara a Muxía, ben como fin do seu camiñar ou ben como lugar de paso para finalizar o seu andadura en Fisterra.

Novas relacionadas

Comentarios