Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Despaciño, o novo éxito de Arguzu Vevo

Despaciño, o novo éxito de Arguzu Vevo

Despois do hit da Bisicleta, os muradáns da #FactoríaNasmo sacan novo vídeo neste 2017. os Arguzu Vevo sacan este “Despaciño”, unha parodia de Luís Fonsi & Daddy Yankee que supera con creces as letras orixinais.

Dá gusto escoitar como fían as letras neste “Despaciño”, sen un só espazo de silencio nin unha soa sílaba cabalgada, para contarnos experiencias tan propias da súa idade como os exames.

Parabéns aos Mc Fran Trillo e de Xaquín Martínez (xa repasamos no seu día a súa historia), axudados por Chema Caamaño á percusión, Juan Figueras ao master, Fran Trillo á cámara e Antonio Díaz co espazo tecno.

Esperemos que aprobedes todas e poidades adicarvos máis tempo a isto!

 

Máis novas musi-costeiras

Máis novas

Fonte

Comentarios