Imprimir

Desprofesionalizando o Servizo contra incendios dende o primeiro eslabón da extinción

que pasa na costa | 01 de agosto de 2017

A Caseta da Vela é o único posto de vixilancia forestal do Distrito V de Vimianzo A Caseta da Vela é o único posto de vixilancia forestal do Distrito V de Vimianzo Esta é a caseta de vixilancia forestal do monte da Vela, a única operativa do Distrito Forestal V. Un Distrito que abrangue as Demarcacións de Fisterra (concellos de Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía); de Terra de Soneira (concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas); e de O Xallas - Muros (concellos de Carnota, Mazaricos, Muros e Santa Comba). Para ter controlada a zona, o Distrito V tiña abertas outras 3 casetas, pero as de Dumbría e Sembra (Cee) pechaban en 2008 e a de Muros facía o propio en 2011. Precisamente ese mesmo ano a caseta de Vela pasou de ter un vixiante fixo anual a un que só traballa 3 meses ao ano (xullo, agosto e setembro). Así mesmo, pasaron de 16 persoas traballando todo o ano en 2000 a unha única persoa só durante 3 meses nestes últimos 3 anos. Unha redución no control que afecta ao primeiro eslabón na extinción. En 2014, e despois de pasar por outras casetas da bisbarra dende 1998, conseguía a praza preto de casa Teodomiro Pérez, Teo, despois da marcha do anterios compañeiro. Quedaba como persoal laboral fixo discontinuo de tres meses na caseta de Vimianzo, tras 16 anos traballando de interino despois de aprobar a súa oposición pero non agarrar unha praza (ás únicas oposicións convocadas para estea especialidade foron en 2003). Pero o seu posto está en perigo, pois a día de hoxe están nunha situación contratual de fraude de lei pola ineptitude das administracións, segundo lle confirmaba a inspección de traballo. A Xunta está este ano facendo unha adaptación do seu persoal, e está intentando reincorporar persoal con discapacidades de consellerías alleas á de Medio Rural, provocando así o despedimento de traballadores como Teo. No seu caso, a Xunta vén de ofrecerlle a súa praza a un mozo da zona con discapacidade parcial que conta con praza de conserxe dun centro de ensino. Unha situación que se repite noutras zonas como na Coruña onde a Xunta ofrece unha das prazas de emisorista a unha limpiadora. É dicir, coma se un enxeñeiro fixese labor de médico. Dende a asociación ATRIFOGA, consideran que se trata dunha medida de aforro, que intenta finiquitar un colectivo de máis de 450 fixos discontinuos de varias consellerías, entre elas os vixiantes, brigadistas e bibliotecarios. Esta oferta das prazas de tres meses do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) a incapacitados totais para o seu reingreso por parte da Xunta a través da Comisión Paritaria, é para a ATRFOGA, “unha aposta segura para a desprofesionalización e perda de eficacia do SPDCIF”. Dende a entidade explican que “As persoas con incapacidade total para o seu actual posto de traballo teñen dereito a ser reincorporadas noutro posto de traballo. Pero carece de sentido que alguén que aprobou a súa oposición como pinche de cociña ou como cuidadora de diminuídos psíquicos ou como limpiadora, sexan reincorporado nun traballo completamente alleo aos seus coñecementos, nos que están sometidos a situacións de estrés (ao tratarse dun servizo de urxencia) e cuxo posto de traballo atópase nunha caseta illada ao final dunha pista de terra a máis de 600 metros de altitude”. Polo de pronto, Teo non sabe se vai acabar a temporada ou non. Enviou un escrito á Xunta pero xa pasaron dúas semanas de silencio administrativo. A súa praza depende da vontade dun conserxe e da (des)consideración da Xunta.

A importancia da vixilancia

A ATRIFOGA quere lembrar a importancia dos responsables de manter limpos de lumes os nosos montes oteando o horizonte, buscando incendios incipientes, detectándoos, localizando a súa situación e orientando aos medios sobre o mellor xeito de chegar ao incendio. Os vixiantes fixos, eses grandes esquecidos do dispositivo contra incendios forestales da Xunta de Galicia, cumpren a súa función: - Son o primeiro eslabón para a extinción dos incendios forestales, detectando e localizando eses cando son incipientes. - Informan de que especie forestal está ardendo, as condicións meteorolóxicas e a posible virulencia do incendio, notificando cambios no comportamento do incendio, e transmitindo toda esa información ao director de extinción. - Facilitan a coordinación e organización da extinción, especialmente cando existen medios aéreos actuando no incendio. - Os vixiantes fixos están integrados nun dispositivo de urxencias, o SPDCIF (Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestales) de Galicia.  

Incendios forestais 2017

Fonte

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/camarinas/desprofesionalizando-o-servizo-contra-incendios-dende-o-primeiro-eslabon-da-extincion/20170801061633085204.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA