Venres. 29.03.2024
El tiempo

Detidos 11 narcotraficantes implicados no tiroteo de Muxía

Detidos 11 narcotraficantes implicados no tiroteo de Muxía

Lugar de Aboi en Muxia onde tivo lugar o tiroteo o pasado decembro

O pasado 4 de decembro tiña lugar un sospeitoso tiroteo no lugar de Aboi, Muxía. Unha historia que se repetía, igual que acontecía aló por decembro de 2012 nos Muíños. Desta volta as explicacións do tiroteado non foron convincentes para o EDOA (Equipo de Delincuencia Organizada e Antidroga) da Garda Civil da Coruña, que continuou unha longa investigación que remataba onte.

O dispositivo policial levado a cabo onte deparou a detención de 11 persoas. As detencións realizáronse de forma simultánea en diversas localidades das provincias da Coruña, Lugo e Pontevedra, efectuándose cinco registros domiciliarios acordados pola autoridade xudicial.

Os detidos, supuestamente, forman parte dun grupo criminal dedicado ao tráfico de drogas que operaba nas referidas provincias e que aproveitando ditas actividades, chegáronse a apropiar, mediante engano ou con violencia e intimidación, do diñeiro que lles ofrecían outros traficantes interesados en adquirirlles droga.

Asuntos de drogas

Como dicimos a investigación que os axentes viñan realizando sobre varios dos agora detidos, fixo sospeitar do seu implicación no asalto ocorrido, a principios do pasado mes, nunha casa rural do Lugar de Aboy-Muxia, onde se produciu un tiroteo, no que, ademais de resultar ferido por arma de lume o seu propietario, tamén recibiu un disparo un dos integrantes do grupo que estaba sendo investigado polos axentes e que participaba no asalto.
Os responsables da investigación creen, que a relación da familia de Muxia e as persoas que asaltaron o seu domicilio, viría motivada polo pretexto de realizar algunha operativa de tráfico de drogas e que finalmente desembocou nun intento de roubo con intimidación.

11 detidos, 4 en Muxía

Os axentes, baixo a dirección da titular do Xulgado de Instrución Número 3 de Ribeira, practicaron 4 das detencións en Muxia, tres dean Lugo, unha en Cambados, unha en Ponteareas e dúas en Coruña. Ademais se incautaron nos registros efectuados de tres pistolas e de diversa munición, así como de diñeiro en efectivo e varios paquetes de droga simulados.

Os responsables da investigación consideran que os detidos, segundo o seu grado de participación nos diferentes feitos investigados, cometerían supuestamente, os delitos de pertenencia a grupo criminal, tráfico de drogas, homicidio en grado de tentativa, tenencia ilícita de armas e conspiración para o roubo con violencia ou intimidación.

Os detidos serán postos a disposición xudicial nos próximos días.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da OPC da Garda Civil da Coruña.

Comentarios