Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Dezaoito pinchos irmandiños poñen o toque gastronómico do Asalto ao Castelo

Dezaoito pinchos irmandiños poñen o toque gastronómico do Asalto ao Castelo
Na novena edicion dos Pinchos Irmandinos do Asalto ao Castelo poderanse degustar ata 18 tapas diferentes Na novena edición dos Pinchos Irmandiños do Asalto ao Castelo poderanse degustar ata 18 tapas diferentes Rúas engalanadas, concurso de fachadas e de traxes en marcha,... Vimianzo entrou xa de pleno na semana grande do Asalto ao Castelo que terá o seu día forte o sábado 2 de xullo cos concertos de Ses, Celtas Cortos, Quempallou e Firkin, entre outros. Mais a animación xa comeza mañá, martes, coa celebración da novena edición dos Pinchos Irmandiños, un curioso certame gastronómico no que se preparan petiscos nos que non pode haber ingredientes posteriores ao descubrimento de América. Todo isto enmárcase no ambiente do século XV, que leva á vila soneirá ao momento da Gran Guerra Irmandiña. Nesta ocasión poderanse degustar até dezaoito tapas diferentes en cada local hostaleiro participante. Sírvense desde o martes 28 de xuño ao sábado 2 de xullo, en horario mínimo de 12 a 15 horas e de 19 a 23 horas. Os locais participantes son: restaurante Edreira; restaurante Vázquez; restaurante Pastoriza; parrillada Montevideo; cervexería Risco; bodegón A Lareira; café bar  Happy Day; bar Marquiñas; bar O Agocho; bodegón O Petouco; Dialma Coffee & Lounge; Celme café; café bar A Rúa; pizzeria Hilton; restaurante Vía Rápida; cervexería Quilmes; casa Sabina e no stand da organización situado na praza do Concello. O prezo do pincho é de 2,50€ con bebida (caña, quinto Mahou ou auga) e 1,50€ o pincho só. Premios novena edicion pinchos irmandinos vimianzo Haberá agasallos irmandiños, até fin de existencias, para quen sele unha destas dúas rutas: ruta Mínima - 9 selos - e ruta Total - os 17 selos -. O cartón terase que depositar na parrillada Montevideo, no Celme café, en casa Sabina, no restaurante Vía Rápida ou no stand da organización (situado na praza do Concello, agás o sábado á noite que se transladará ao campo da festa). Os cartóns deberán ter os datos de contacto cubertos e indicar o que, na súa opinión, é o mellor pincho e o local mellor decorado. O pincho da organización non entra nas valoracións nin precisa selarse. Ademais, entre os que completen calquera das rutas sortearase un lote de produtos "Mahou" en función do peso da persoa gañadora. Obradoiros medievais Os mais pequenos iniciaron hoxe os obradoiros medievais na biblioteca municipal Os máis pequenos iniciaron hoxe os obradoiros medievais na biblioteca municipal Por outra parte, os máis pequenos xa comezaron hoxe as actividades enmarcadas dentro do Asalto ao Castelo. Hoxe nenos e nenas participaron nos obradoiros medievais que teñen lugar durante toda a semana na biblioteca municipal. Durante a tarde realizaron as bandeirolas do ariete. Pendón dos Moscoso O alcalde de Vimianzo e os artesans que traballan no Castelo descolgaron o pendon dos Moscoso O alcalde de Vimianzo e os artesáns que traballan no Castelo descolgaron o pendón dos Moscoso A inauguración oficial das actividades da XXI edición da festa do Asalto ao Castelo tivo lugar o pasado venres coa descolgamento do pendón dos Moscoso na Torre da Homenaxe. O alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, acompañado dos artesáns que traballan na fortaleza e de outro público procedeu a descolgar o pendón co símbolico heráldico. ¡¡Lume Irmandiños!!

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios