Sábado. 20.04.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Día do Comercio en Laxe

25/maio/2019
10:00 h
21 Comercios de Laxe
CARTEL DIA DO MERCADO 2019 copia
Día do Comercio en Laxe

En toda a Costa da Morte, a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Comercio ten activa ata 26 maio a campaña dos Días Azuis do Comercio Galego. Unha campaña que funciona moi ben na zona, e na as persoas que merquen nos comercios de Laxe, optarán ao sorteo de 16.200 euros en premios.

Pero ademais, a Concellería de Comercio de Laxe está artellando unha nova acción, co gallo do Día do Comercio, que se celebrará este domingo 25 de maio, no marco da Campaña Internacional “Quere o Teu Mercado”, e en colaboración coa Asociación de Comercio “ComerLaxe”.

As persoas que consuman nos establecementos adheridos recibirán un tícket numerado con cada compra. Estes tíckets entrarán no sorteo de 6 vales de compra por valor de 50€ cada un. O sorteo celebrarase nas Oficinas Xerais da Casa do Concello de Laxe o martes 28 de maio ás 12.00 horas. Os premios soamente se poderán gastar nos comercios participantes.

Os 21 comercios da campaña son os seguintes: Floristería Rebeca, Bazar Laxe Hong Fa, Estación de Servizo Santa Rosa, Ferretería Sergio, Súper MM Covirán, Ortopedia Alquimia, Eroski City, Chuchelandia, A Tenda de Inma, Estanco Casa López, A Tenda do Centro, Calzados Martínez, Libraría Torre Penedo, Parafarmacia Alquimia, A Despensa/Nova Despensa, Perruquería A De Lore, Perruquería Azabache, Perruquería María Silva, Perruquería Marey, O Ben Me Sabe, Axa Seguros.DIA DO MERCADO 2019 Laxe

Comentarios