Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Diana Varela presentou o seu primeiro poemario dixital aos fillos de Pondal

Diana Varela presentou o seu primeiro poemario dixital aos fillos de Pondal

Á vangarda do mundo editorial nos sitúa a cormelá Diana Varela coa súa aposta. I é que o seu terceiro libro, o poemario "As Trovas de Midas", acaba de ser editado dixitalmente pola empresa de contidos dixitais Edicións Galebook. Empresa ademais que ten tamén sangue costeira pois unha das socias fundadoras, Estela Mosqueria, tamén é de Corme.

O libro-cd vén de ser posto en escena en Ponteceso, no marco das Xornadas Culturais no Confín do Outono Pondaliano da Fundación Eduardo Pondal. Diana Varela, con narís e bigotes de gato, teatralizou os poemas do seu libro acompañado polas imaxes interactivas do libro-cd para os nenos e nenas de Ponteceso.

Os nenos quedaron estusiasmados i é que se xa alucinan cun contacontos tradicional, a inclusión a través da pizarra electrónica no centro pontecesán é todo un reclamo.

Diana Varela Puñal

Nacida en Corme, Costa da Morte, trasladouse ós catorce anos á Coruña, onde exerce na actualidade como avogada. Algúns dos seus poemas viron á luz na revista Xistral de Lugo, no Anuario Brigantino, Ferrol Xurídico, no xornal o Correo Gallego…

Colabora no diario Galicia Hoxe coa súa sección semanal "Cartas boca arriba".

Despois de gañar o Premio Díaz Xácome, de Mondoñedo, obtivo no ano 2006, polo seu poemario Fíos, o Premio Uxío Novoneyra das Pontes de García Rodríguez. Fíos, cun poema-prólogo de Luz Pozo Garza, foi editado por Espiral Maior no ano 2008, a mesma editorial que publicou, en decembro de 2010 o seu segundo libro, Animal Abismo.
No ano 2011 fixo a súa primeira incursión no mundo do libro dixital, cun poemario infantil titulado As trovas de Midas, publicado pola editorial Galebook.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta,com).

Comentarios