Venres. 29.03.2024
El tiempo

Días de contratos na Laracha

O alcalde da Laracha formalizando os contratos de varias obras
Días de contratos na Laracha

Completa semana de contratación no Concello da Laracha:

Melllora da eficiencia enerxética

Avanza o Concello nos procedementos de contratación dos cinco proxectos de mellora da eficiencia enerxética en todo o termo municipal. Contratos que suman un investimento total de 1,2 millóns de euros e que son cofinanciados polo Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE). Nesta ocasión, na reunión ordinaria da Xunta de Goberno Local celebrada onte foron adxudicados dous deses proxectos.

Un deles céntrase na substitución das 1.397 luminarias do alumeado público nos núcleos urbanos da Laracha, Paiosaco e Caión e foi adxudicado á empresa coruñesa Instelec. O outro, de similares características, afecta ao alumeado público do parque empresarial e a actuación será realizada por Grupo Mariño, con sede en Ponteceso.

Subvencións

Ademais, o Concello pedirá unha serie de subvencións de moi diversos contidos á Xunta de Galicia e á Deputación da Coruña. Por un lado, para a dquisición dun vehículo destinado a actuacións de protección do medio ambiente; por outro, para a compra de ancoraxes para a instalación de novos puntos de colectores de recollida selectiva de residuos sólidos urbanos.
Ademais, porpuxeron varias iniciativas para as bibliotecas da Laracha, Paiosaco e Caión, que están integradas na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, no marco do programa Ler conta moito. Por outro lado, tamén se solicita colaboración para a dotación de novidades editoriais en galego en formato físico e a mellora das coleccións bibliográficas.

O Concello da Laracha tamén concorrerá á convocatoria de subvencións da Consellería de Política Social para entidades locais enmarcadas no servizo de voluntariado xuvenil para a posta en marcha dun novo programa municipal dirixido a ese colectivo.
Por último, as achegas económicas que se solicitarán á Deputación Provincial da Coruña terán por finalidade cooperar no financiamento dos gastos do persoal do departamento de deportes e dos técnicos que estarán a partir do verán ao cargo da oficina de turismo e do Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte de Golmar.

Licitación da Recollida de residuos sólidos urbanos

O Concello da Laracha publicou hoxe na Plataforma de Contratación del Sector Público (www.contrataciondelestado.es) a documentación que rexerá a licitación do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos, que se saca a concurso público por procedemento aberto. En breve será publicado o anuncio no Diario Oficial da Unión Europea (DOUE), abríndose nese momento o prazo para a presentación de ofertas que rematará o 16 de marzo.
O contrato terá unha duración de catro anos (prorrogables por un ano máis), sendo o orzamento máximo de licitación de 313.204,01 euros anuais.

As obras de humanización das rúa David Mallo

Foron adxudicadas as obras de humanización das rúa David Mallo e a súa contorna, á construtora SYR-AMG. Unhas obras valoradas en total en 302.000 euros e que comezarán a executarse nos próximos días. A outra intervención realizarase nun tramo da Avenida Fisterra, na marxe esquerda e á altura do cruce coa rúa da Coruña, onde será ampliada a beirarrúa aproveitando un terreo baldío existente no lugar.

O proxecto de mellora de estradas rurais, valorado en 180.000 euros, inclúe un total de nove actuacións localizadas en catro parroquias diferentes. Mellorarase o pavimento e, por tanto, a seguridade viaria nunha distancia lineal duns catro quilómetros en Cabovilaño (núcleos de Arén e Xeriz e estrada A Fraga-A Barreira), Lemaio (núcleo de O Igrexario e estradas A Fraga-Tuixe e A Xesteira-O Ramo), Coiro (estradas O Coto-O Rapadoiro e Novás-Gudís) e Vilaño (núcleo de Marfulo).

Comentarios