Venres. 19.04.2024
El tiempo

Días de Festas e política para cativos polo Concello de Carballo

Visita do CEIP Bergantiños á casa do Concello de Carballo
Días de Festas e política para cativos polo Concello de Carballo

Días axitados polo Concello de Carballo, sobre todo o de onte coa visita de 75 nenos e nenas do CEIP Bergantiños á casa consitorial. Un fermoso xeito de achegar a vida política municipal á rapazada.

Paralelamente, nos despachos, facíase real o relevo xercional na Comisión de Festas do San Xoán. Ademais do relevo á fronte da Concellaría de Festas, na que Maruxa Suárez Cotelo substitúe a Mar Eirís Villar, incorpóranse ao equipo de traballo outras moitas caras novas. Xunto a Maruxa seguen Gustavo Lorenzo, Sergio Varela, Inés Rodríguez, José Antonio Deus e Mari Pacoret, ademais da técnica de Cultura, Carmen Castro, en representación do Concello. Ademais incorpóranse César Souto, Paula Nogueira, Roberto Rancaño e Juan Marcos.

A Comisión está sempre aberta e podedes unirvos na oficinas do Pazo da Cultura ou chama ao 981 704 300.

Comentarios