Imprimir

Directivas: Gurita propón a súa candidatura para presidir o Malpica; O Camelle, ao borde da desaparición

que pasa na costa | 02 de xullo de 2019

Gurita propón a súa candidatura a presidir o Malpica
Gurita propón a súa candidatura a presidir o Malpica

Chega o verán e se repiten sempre escenas complicadas nas directivas. O seu silencioso traballo non é sempre recoñecido e moitas veces se escoitan máis as queixas que os parabéns.

Xa houbo cambios en varios equipos. No Xallas, por exemplo, Beatriz Velo toma o relevo de Pedro.
Por Muxía, Juan José Busto toma mando, acompañado por Irene Alcaina, despois de Álvaro tivera que deixalo, como Pedro, por motivos laborais.
En Baíñas, a familia verde convenceu a Juan Silva para que volvese ser presidente.

Ademais, outros clubs como Zas e Baio conseguiron manter as súas comprometidas directivas, a pesar do órdago realizado ante as inxustificadas queixas dalgúns sectores das afeccións.

Dimite a Directiva do Camelle

Un dos clubs que ano tras ano ten problemas é o Camelle. Rubén da Cantora e o seu equipo leva moitos anos remando para manter a flote o barco camellán, sen que haia visos de relevo. Así, hoxe anuncia a dimisión da actual directiva, e convoca para este sábado 6 de xullo, ás 12:00h no Rodeiro, unha asemblea para atopar xente que queira coller as rendas do equipo. “En caso de non haber candidaturas, procederase a dar de baixa o equipo”, apuntan.

Dimisón de Caamaño en Buño

O presi do Buño, Caamaño, presentou a súa dimisión. Segundo informa DiarioDeportivo.gal, David Souto “Jañoto” tomará o relevo.

Malpica, Proposta de Gurita

En Malpica esta semana teñen nova asemblea despois que o seu presidente presentase a dimisión. Foi o propio adestrador, encantado co grupo formado, o que vén de propoñer na asemblea celebrada este pasado sábado, tomar o mando, tendo xa formada un equipo de traballo para formar unha nova directiva, e manterse ao cargo do equipo. A asemblea decidirá esta semana.

Nvoas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/futbol-da-costa/directivas-gurita-propon-sua-candidatura-presidir-malpica-camelle-ao-borde-da-desaparicion/20190702105136111151.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA