Venres. 19.04.2024
El tiempo

O Director Xeral de Industria recibirá ao Comité de Ferroatlántica

Margarita Lamela
Margarita Lamela
O Director Xeral de Industria recibirá ao Comité de Ferroatlántica
O Director Xeral de Industria recibirá ao Comité de Ferroatlántica

Continúan movidas as semanas arredor do Caso Ferroatlántica. Desta volta é a portavoz socialista de Cee, Margot Lamela, a que comunica que tras o compromiso adquirido polo senador, Ángel Mato, e tras as xestións do deputado, Ricardo Mira, o Comité de Empresa de Ferroatlántica de Cee e Dumbría reunirase o próximo día 1 de marzo de 2019, en Madrid, co Director Xeral de Industria, Galo Gutiérrez, aos efectos de trasladarlle a situación dos traballadores de Ferroatlántica na procura de solucións.

Á devandita reunión asistirán o deputado, Ricardo Mira, e a portavoz socialista de Cee, Margot Lamela.

Ademais, o Comité está pendente da convocatoria por parte da Inspección de Traballo de Madrid, a raíz da impugnación da CIG, a partircipar nunha mesa negociadora este vindeiro día 28.Un asunto que pode ser un paso cara traer a mesa a Galicia.

Novas do co conflito #Ferroatlántica

Comentarios