Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A triple actuación para mellorar o paseo fluvial de Gabenlle

Está prevista a mellora da área recreativa
Obradoiro de emprego no paseo fluvial
Obradoiro de emprego no paseo fluvial
A triple actuación para mellorar o paseo fluvial de Gabenlle

Segue en marcha a doble intervención do Obradoiro de Emprego da Laracha, na zona de Gabenlle. Os dez alumn@s-traballador@s da especialidade de carpintería están renovando as táboas a estrutura de madeira do paseo fluvial do Anllóns que bordea o río nunha distancia duns dous quilómetros e medio desde a área recreativa de Gabenlle ata a ponte do Formigueiro. Trátase dun dos recursos sociais, medioambientais e turísticos máis destacados do termo municipal da Laracha.
O proxecto de renovación levou 300.000 dos 800.000€ do orzamento total do Obradoiro.

Por outra banda, as cuadrillas medioambientais municipais, operativas desde o verán, tamén están centrando a súa actividade no entorno do paseo fluvial, aínda que neste caso no propio río. Os traballos que están a acometer consisten na limpeza integral do lixo e a retirada dos residuos vexetais que causan o estancamento da auga, especialmente troncos e árbores caídas. Esta época do ano, na que o río leva un menor nivel de auga, é a idónea para o desenvolvemento deste tipo de intervencións.

Melloras da área recreativa

Ademais, a área recreativa de Gabenlle vivirá un proxecto de rehabilitación e mellora da accesibilidade, por un total de 43.000 euros de investimento. A actuación inclúe a renovación e cubrición das grellas, adecuación da entrada sur, creación dun sendeiro para comunicar as dúas zonas da área e a completa adaptación dos aseos.

Comentarios