Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Doble detención en Malpica e Carballo por varios roubos

Doble detención en Malpica e Carballo por varios roubos

Doble actuación da Garda Civil na zona de Bergantiños estes días, con dúas detencións en Malpica e Carballo por asuntos de roubos.

Detido un veciño de Malpica acusado de seis roubos

A Garda Civil de Malpica detivo ás dúas da tarde de onte a un home de 23 anos de idade como suposto autor de seis roubos.
Así, e segundo despréndese das investigacións realizadas pola Garda Civil sobre estes feitos, o agora detido é o suposto autor de cinco delitos de roubos no interior doutros tantos vehículos e doutro nunha vivenda, delitos cometidos todos eles na primeira quincena do presente mes de marzo.

Ademais, a Garda Civil recuperou no coche do suposto ladrón un dos efectos roubados nun vehículo.
O detido foi posto hoxe mesmo a disposición do xulgado de instrución número 3 dos de Carballo.

Detido por roubar o teléfono a un menor a punta de navalla

Así mesmo, Axentes da Garda Civil de Carballo detiveron ás cinco e media da tarde onte a un home de 24 anos de idade e domiciliado no municipio como suposto autor dun delito de roubo con intimidación.

E é que, segundo consta nas dilixencias instruídas polo Equipo de Investigación da Garda Civil carballesa, o agora detido é supostamente a persoa que o pasado venres abordou a un menor en cálea Saúde e, tras ameazalo cunha navalla, subtraeulle o teléfono móbil.

A Garda Civil, tras recibir a oportuna denuncia sobre este feito delituoso, comezou de inmediato unha serie de xestións que finalizaron coa identificación, localización e consecuente detención do suposto autor do mesmo.
A Garda Civil puxo esta mañá ao detido a disposición da autoridade xudicial, que ordenou o seu ingreso en prisión.

Fonte

  • Nota de prensa da Garda Civil.

Comentarios