Venres. 29.03.2024
El tiempo

Dobre intervención dos bombeiros por dous incendios, un en Cee e outro en Sardiñeiro

incendio cee sicar
Imaxe dos bombeiros extinguindo o lume en Cee
Dobre intervención dos bombeiros por dous incendios, un en Cee e outro en Sardiñeiro

Dous camións de bombeiros trasladáronse esta mañá ata a Rúa Albariña nº2 en Sardiñeiro polo incendio de dous cadros eléctricos situados nun bloque de cemento ao pé dun poste de alumeado público. Un axente da Policía Local xa descargara un extintor de polvo nun deles, extinguindo as lapas deste. Ao chegar, os bombeiros procederon a cortar o cadeado do outro metálico que estaba situado por riba. Este seguía afectado polas lapas no seu interior polo que descargaron neste un extintor de CO2. O sinistro provocou unha falla no suministro eléctrico de varias vivendas.

Por outro lado, produciuse outro incendio nunha vivenda a primeira hora da tarde na Rúa Mariña en Cee, en fronte á Sicar. O lume foi causado por unha chimenea. Ata o lugar dos feitos desplazáronse dúas unidades de bombeiros para extinguir as lapas.

Comentarios