Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Dombate volve co seu guía

Dombate volve co seu guía
Anxo Eiroa seguira sendo o guia do Dolmen de Dombate Lito Eiroa seguirá sendo o guía do Dolmen de Dombate

O Concello de Cabana e a Deputación da Coruña veñen de calar, esta mañá de mércores 13 de xaneiro, os rumores xurdidos arredor do Dolmen de Dombate.

Así, nunha xuntanza, o responsable da área de Contratación, Patrimonio e Equipamento, Xesús Soto e o alcalde de Cabana de Bergantiños, José Muiño, asinaron un convenio de colaboración que permite continuar ao municipio cabanés coa xestión do museo da catedral do megalitismo galego, como fai dende hai ano e medio. O acordo contempla ademais a creación dunha comisión de seguimento do monumento.

Será pois o Concello o que organice as visitas libres e guiadas emais o programa anual de actividades, acordes cos requisitos de conservación do Dolmen. Agradecido atópase o Dolmen ao saber que seguirá sendo o técnico municipal Anxo Eiroa o que siga facendo de guía e contando a súa historia aos visitantes.

A comisión de seguemento política-técnica estará composta por catro membros nomeados pola Deputación da Coruña, catro polo Concello e catro pola Xunta de Galicia que terán o labor de facer seguimento dos termos do convenio e das esixencias específicas de preservación e posta en valor dun monumento da singularidade do Dolmen de Dombate.

Completo programa de actividades

O Concello de Cabana presentou xa un programa de actividades para o presente ano que, segundo a Deputación, son coidadosas coa protección do dolmen e que comezarán en breve co inicio das visitas guiadas deste ano máis a mostra de fotos antigas “Inverno da memoria” que abrirá en breve no espazo expositivo anexo.

Estes días repasarémolo.

Novas relacionadas

Fonte

 

Comentarios