Venres. 29.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Domingo de comparsas e Martes doceiro no Encoitro de Ponteceso

23/feb./2020
17:00 h
Pavillóns de Ponteceso e Corme
entroido
Domingo de comparsas e Martes doceiro no Encoitro de Ponteceso

O Entroido de Ponteceso sepárase en dúas citas. O domingo é o Concurso de Disfraces no pavillón de Ponteceso, e o martes, no de Corme, o Concurso de Doces Entroideiros.

A programación festiva arrincará o domingo 23, ás 17.00 horas, da Praza do Relleno de Ponteceso co tradicional desfile de disfraces que, como de costume, percorrerá as rúas do municipio en dirección ao pavillón municipal. En caso de choiva, esta actividade quedará suspendida e todos os actos previstos celebraranse unicamente no recinto cuberto.
A partir das 17.30 horas, o palco do pavillón converterase nunha divertida pasarela sobre a que desfilarán e actuarán os e as participantes do XXVI Desfile de Disfraces, que nesta ocasión repartirá 3.000 € en gratificacións, como podes ver, xunto ao resto da info, nas bases que aparecen ao final desta nova. A festa continuará ás 19.00 horas cunha degustación gratuíta de filloas para rematar o día con bo sabor de boca, moita animación a inchables para os máis pequenos/as da casa.

Comentarios