Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Dorothé na vila, o documental que recolle a historia da etnomusicóloga suíza que creou o "Cancioneiro Popular Galego"

Victorina informante do Vilar Carnota xunto a María de Fetós no documental Dorothe na vila
Victorina, informante do Vilar, Carnota, xunto a María de Fetoós, nun fotograma do documental "Dorothé na vila"
Dorothé na vila, o documental que recolle a historia da etnomusicóloga suíza que creou o "Cancioneiro Popular Galego"

Este sábado preséntase ás 21:30h nas Torres do Allo o documental “Dorothé na vila”. Un traballo do carballés Alejandro Gándara e Olaia Tubío (Rois), sobre a etnomusicóloga suíza Dorothé Schubarth, unha pioneira que percorreu toda Galicia durante case unha década, entre os 70 e os 80, e realizou a compilación e clasificación de músicas de tradición oral máis completa e rigorosa que existe no país.

Alejandro Gándara e Olaia Tubío, narradoras do documental Dorothe na vila
Alejandro Gándara e Olaia Tubío son creadores e narradores do documental

Como fixera Alan Lomax nos anos 50, Dorothé percorreu nos 80 toda Galicia, facendo paradas da comarca. Coa axuda do filólogo Antón Santamarina, conseguiu publicar o “Cancioneiro Popular Galego”, unha serie de 7 tomos que é a día de hoxe a maior compilación de músicas de tradición oral do país.

Foi o músico coruñés Richi Casás o que puxo a historia nas mans dos autores, despois de atopar, sen querelo, ás súas familiares cantando nas recollidas.

Ata eses lugares quixeron ir tamén os creadores do documental. Foron gravando ás Jesusas, As Victorinas, facendo que volveran cantar esas cantigas que lle cantaran a Dorothe fai 40 anos. Na comarca poderemos ver no documental á mulleres de Añobres (Muxía). Regoelle (Dumbría) e A Curra (Carnota).

O proxecto conta coa coprodución da Deputación da Coruña, a través do II Premio Luisa Villalta de Proxectos Culturais pola Igualdade; e as imaxes e gravacións de Dorothé Schubarth cedidas polo Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (Apoi) do Museo do Pobo Galego con licencia de uso non comercial.

Presentación

A presentación oficial será este sábado ás 21:30h nas Torres do Allo. Para reservar praza é necesario chamar previamente ao número de teléfono 981 751 398 ou 981 718 056 (horario: luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas) .

Nova relacionadas

Comentarios