Venres. 29.03.2024
El tiempo

Dous anos e oitos meses despois, Cee volve abrir as instalacións da piscina municipal

Dous anos e oitos meses despois, Cee volve abrir as instalacións da piscina municipal
Apertura da piscina municipal de Cee-Foto-Rafa Quintans Rolda de prensa para a apertura da piscina municipal de Cee-Foto-Rafa Quintans

Dende abril de 2016 levan os veciños de Cee, e toda a comarca, sen unha infraestrutura tan fundamental para levar unha vida saudable. Dous anos e oito meses de peche, por unha xestión irresponsable que non se solventa, dende logo, cunha boa política de comunicación de última hora, aproveitando e todo para facer unha rolda de prensa na apertura.

Así acontecía esta tarde de xoves 27 de decembro, cando o alcalde Ramón Vigo e as Concelleiras de Pilar Iglesias e Camola Díaz (xunto co técnico de Deportes, Manolo Calo, e Andrés Eirís, xerente da empresa concesionaria Viraxes), acodían á inauguración das instalacións do xinmasio, coincidindo coa entrada dos primeiros usuarios. Que non da piscina, que non se poderá utilizar ata o 1 de febreiro, pois están á espera da chegada da máquina de climatización e a posterior revisión de Sanidade para poder comezar co funcionamento normal..

O propio Vigo recoñeceu que esta se trata a “historia desta traxedia”, e lamentou que “os principais perxudicados foron sempre os veciños”. Recordou que todo comezou “como un problema laboral” pois a anterior empresa concesionaria non soubo “plantexar a realidade dunhas condicións que facían que o negocio non fora rentable, deixando de facer fronte as súas obrigas de pagamento o que complicou unha situación que desembocou no peche das instalacións e no posterior rescate”.

Nada recoñeceu dos eternos retrasos no proceso de concesión do servizo e na deixadez municipal para acometer as obras de renovación.

Agora aseguran que a piscina poderá recibir a 30.000 posibles usuarios, se ben o número de usuarios habituais superaba os 1.000.

PIscina e Ximnasio de Cee-Fotos-Rafa Quintans Instalacións renovadas da piscina e Ximnasio de Cee-Fotos-Rafa Quintans

Horarios e prezos

As instalaciónns do ximnasio permanecerán abertas no horario habitual dende o vindeiro día 2 de xaneiro e estarán dispoñibles dende hoxe ata o vindeiro día 31 de maneira gratuita.

Os usuarios dos vasos da piscina deberán esperar ata o 1 de febrero.

Prezos das Entradas e abonos da piscina de Cee 2019Prezos das entradas e abonos da pisina de Cee 2019  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/xa-hai-data-de-apertura-do-ximnasio-e-da-piscina-de-cee/

A historia do peche da piscina, dende abril de 2016

Comentarios