Imprimir

Dous sospeitosos lumes consecutivos en Fisterra e un en Muros abre a temporada de incendios

que pasa na costa | 14 de xullo de 2018

Arrincou a temida temporada de incendios. Durante a tarde noite de onte, venres 13 de xullo, Bombeiros da zona tiveron choio abondo, tanto na zona de Muros como de Fisterra.

Lume en Muros

Lume en Punta Uhia Muros Brigada de Muros no incendio de Punta Uhia

Eran ás 20:45h cando o 112 mobilizaba aos Bombeiros da cuadrilla do Concello de Muros e ao GES muradán, por un lume forestal (Distrito V) na zona de Punta Uhía. En 15 minutos xa deron por controlado o lume, que conseguiron extinguir completamente ás 22:00h. Colaboraron tamén na extinción as brigadas da Xunta e un helicoptero con cuadrilla helitransportada.

Finalmente, foron uns 500 metros cuadrados de superficie afectada, e afortunadamente non houbo incidencias graves.

Dous sospeitosos lumes consecutivos en Fisterra

Lume na zona de Padris Lume na zona de Padris

Grave a situación en Fisterra. Eran ás 20:30h cando alertaban dun lume na zona de Padrís. Alí acodían a brigada do distrito forestal e a Garda Civil, e cando arredor das 23:00h xa tiñan extinguido o lume e estaban refrescando a zona, o 112 daba un novo aviso, desta volta na zona alta de Hermedesuxo.

Fontes achegadas desconfían de que puideron ser intencionados, estes lumes que provocaron unha afectación de media hectárea (medio campo de fútbol) en Padrís, e un pouco menos en Hermedesuxo.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/fisterra/dous-sospeitosos-lumes-consecutivos-en-fisterra-e-un-en-muros-abre-a-temporada-de-incendios/20180714100012088623.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA