Venres. 19.04.2024
El tiempo

Ducias de actividades enchegarán Camariñas na FENAUCAM 2019

Ducias de actividades enchegarán Camariñas na FENAUCAM 2019

Xa non queda nada para a III Feira Náutica de Camariñas (FENAUCAM 2019). Unha cita aberta a toda a cidadanía, con especial foco posto nas xentes do mar e na mocidade, que encherá a vila do encaixe de actividade, de balde, os 14, 15 e 16 de xuño.

Adxuntamos as propostas e os horarios das actividades desta fermosa feira.

  • Zona infantil pola tarde e piscina ex- terior para «bautismos de mar».
  • Visitas de portas abertas a lancha de Salvamento, Garda Civil e veleiro da Escola Náutica da Coruña.
  • «Simulador de navegación» coa Armada Española.
  • Todos os días... xornada de degustación gratuita de mexillóns de Galicia.
  • Exposicións: impresionante visita a exposicións de pintura, fotografía, mu- seos do mar e Real Liga Naval Española e maquetas navais de gran envergadura. O que lle guste o xadrez podera xogar con membros do equipo Xadrez Náutico Camariñas e gañar regalos.
  • Stands institucionais, comerciais lo- cais, comarcais, autonómicos e nacio- nais ademáis de varios procedentes de Francia e especiais de artesanía.
  • Proxeccións de documentais sobre o Titanic e outros de grande interese.
  • Mesa redonda, charlas, conferen- cias, presentacións literarias, encon- tros e entrega de premios especiais FENAUCAM 2019.
  • Coa entrada gratuita participarás no sorteo de 2 ceas para dúas persoas e rifas co sorteo dunha gran «Cesta Náutica».

PROGRAMA_ACTIVIDADES_FENAUCAM2019 copia

PROGRAMA_ACTIVIDADES_FENAUCAM Camarinas 2019

Novas relacionadas

Comentarios