Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Dumbría e Baio acolleron sendas citas de pesca

Dumbría e Baio acolleron sendas citas de pesca

Doble cita na Costa da Morte arredor da pesca. Por Dumbría, o río Xallas acolleu o IV Open Internacional de pesca sen morte a mosca por parellas Río Xallas. Ademais o couto de Baio acollía o Campionato Provincial de Salmónidos Lance.

Cita baiesa

46 representantes da Sociedades de pesca da provincia da Coruña participaron no Campionato Provincial de Salmónidos Lance que tivo lugar no couto de Baio esta fin de semana.
Entre outros, acudiron a esta proba deportistas das Pontes, Betanzos, A Coruña, Santiago, Melide, Padrón, Rois, Santa Comba, Vimianzo e Barbanza.

O novo Campión provincial de lance é José Touceda Faraldo, da Sociedade Rio Mandeo. Nesta edición do Campionato Provincial de Salmónidos Lance o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo Pazos e o concelleiro de Medio Rural deste mesmo Concello, participaron na entrega de premios que se realizou no Bar de Santa Irene ao carón do escenario da proba.

Pesca sen morte no Xallas

Dumbría segue convertíndose nun feudo deportivo e o Club de Pesca Salmo volvía organizar unha proba en augas xalleiras. Foron 34 parellas as que participaron nesta 4ª edición no treito do río Xallas comprendido entre o encoro da fervenza e a desembocadura do río Beba.

Ademais houbo grandes especialistas a nivel internacional como medallistas en Campionatos do Mundo e varios compoñentes da Selección española que participará no Campionato do Mundo 2012 en Eslovenia, como son o galego David Arcay, ou os leoneses Jose Miguel Matilla e Pablo Castro.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios