Imprimir

Dumbría enche o inverno cunha marea de actividades deportivas e culturais para todos os públicos

que pasa na costa | 27 de setembro de 2018

Xa saben os lemas do Concello de Dumbría: #Dumbríaécultura e #Dumbríaédeporte. E así se pode corroborar botando un ollo ao programa de actividades municipais do novo curso 2018/2019.

Xa está aberto o prazo para inscribirse nas activdades que máis che gusten, tanto nas casas culturais ou nas oficinas municipais como no 981 744 001.

Hai para todos os gustos, unha marea de actividades deportivas, así como moitas clases culturais para nenos e adultos. Dende informática, inglés, teatro, gaita, clases de apoio…

Actividades municipais Dumbria
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/dumbria/dumbria-enche-o-inverno-cunha-marea-de-actividades-deportivas-e-culturais-para-todos-os-publicos/20180927122353089265.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA