Venres. 19.04.2024
El tiempo

Dumbría e Soneira din non a unha hipotética promoción

 

11 do Dumbria ante o Union
Un dos últimos 11 onces do Dumbría esta campaña
Dumbría e Soneira din non a unha hipotética promoción

Facíamos onte un chamamento á cordura e á calma ante a extrema situación na que se atopa toda a sociedade. Pero ben é certo que é un momento importante, no que decidir como pechar esta temporada e tamén planificar a temporada que vén.

Estes días, ademais de falarmos en primeira persoa, e mais en rolda de prensa co presidente da RFGF, estamos pulsando o sentir dos equipos máis directamente implicados nas partes altas das clasificacións.

E unhas das posicións máis interesantes a analizar é a que protagonizaron os equipos de 1ª Galicia implicados nos postos de promoción na rolda de conversas de Rafael Louzán cos clubs de varias categorías. Unha reunión na que houbo unanimidade á hora da necesidade de dar por rematada a temporada, e que tivo bastante consenso sobre como rematala.

Unha 1ª que ten unha situación tremendamente peculiar, xa que no alto da táboa O Pino e o Soneira están empatados a puntos, e só está por diante o Pino polo golaveraxe xeral. Deste xeito, e coa proposta que a RFGF propón como prioritaria (chegada dende a Española), ascendería só o cadro do Pino, deixando fóra ao cadro soneirán.

Así, se ben a Federación só contempla hipotéticos playoff de ascenso en 2ªB e 3ª División, os propios equipos costeiros uníronse con Betanzos e Ordes, os outros dous implicados nunha posible promoción, en rexeitada.

Manel Álvarez, do Soneira, que valora a “gran solidariedade e entendemento ca situación por parte dos clubs asistentes á reunión, entende que “sería unha irresponsabilidade xogar un playoff”. O equipo trasladoulle “unha proposta de ascender directo os 3 primeiros clasificados.

Pola súa parte, César Ferrío, presidente dumbriés, entende que “non ten sentido que nos fagan xogar unha promoción, non se sabe cando, en que condicions de seguridade. Pero se non descende ninguén, os equipos que fixemos méritos para subir terían que dar unha solución, e ademais os equipos temos que saber a principios de xuño en que categoria estaremos.

Dende o CD Baio, Manuel Mouzo, Chino, valora que “o fútbol pouco importa agora mesmo, toca remar contra o virus e nada máis”. En todo caso, entende que “o fútbol modesto non ten sentido a porta pechada, polo que vexo difícil que haia fútbol na costa no 2020”. Sobre a temporada, sinala que “é unha pena ver a Soneira e Dumbría con moitas opcións de subir a Preferente”. “E ante todo queda a incógnita de como volveremos á normalidade, economicamente esto vai cambiar moito, e tamén nos equipos de fútbol”.

Tamén falamos con J. Alberto, responsable do Volantes Baño, que recoñece que as conversas do presi da Federación serven para pedir a opinión dos clubs, pero que “en calquera caso imos apoiar o que se decida”. Se cadra non entende a proposta tratada de ascenso directo para os que están en promoción, o que suporía para eles unha reestruturación demasiado “liosa”. “Unha 1ª de 26 equipos sería un lío, e para o ano provocaría unha cascada de descensos terribles”.

Para rematar, o presidente do Mazaricos, Casais, ten en conta que “no fútbol van cambiar moitas cousas” e entende que “calquera decisión que se tome non lle vai gustar a todos, pero seguro que é a mellor para o fútbol galego”.

Novas relacionadas

Comentarios