Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A eclosión da velutina deixa sen marxe aos servizos de eliminación de niños

Pedro Lema de Proteccion Civil de Cee eliminando un nino de velutina
Pedro Lema, de Proteccion Civil de Cee eliminando un niño de velutina
A eclosión da velutina deixa sen marxe aos servizos de eliminación de niños

Nido de avispa asiatica en Ameixenda-CeeXa avisaban a comezos de verán que ía haber unha explosión de velutinas. A pesar da exitosa campaña de trampeo realizada durante a primavera, eliminando raíñas, levamos 15 días bastante graves en materia de invasión da avespa velutina. Notámola en praias, campos, e mesmo nas vilas, onde esta especie invasora faise cada vez máis visible. De feito, inciden en que a súa incidencia pode estar sendo algo maior que o ano pasado.

Así o recoñecen os voluntarios de Protección Civil de Cee, que levan extraídos 4-5 niños cada semana, sendo xa uns 70 os eliminados durante o verán. “Non damos feito, somos dous voluntarios e xa temos xa cola. A xente ten que entender que facémolo nos nosos ratos libres e que non damos feito”, recoñece Pedro Lema.

Por Ameixenda, por exemplo, teñen que esperar que se vaia baleirando a “lista de espera”, pero ademais teñen outro problema: o niño atopado o pasado venres (á dereita) está tan alto que o camión do Concello de Cee non chega. Queda pendente ver quen paga unha grúa para chegar aló enriba.

Tamén están indo a Corcubión os dous voluntarios ceenses, e xa levan 8 este verán, case o triple que o ano pasado. En todo caso, os voluntarios ceenses están formando a un membro de Protección Civil de Corcubión para que aprenda a eliminalos.

Charla chea

Charla de Lolo Andrade sobre Velutina en Cee

O interese na comarca é máximo, como o corrobora o cheo que rexistrou a aula da Casa da Cultura o pasado 8 de agosto para a charla de Lolo Andrade. Unha charla informativa para colocar trampas e demais técnicas de erradicación e defensa da abella local.

Avespa velutina

Novas relacionadas

Comentarios