Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Edificio das Escola de Ponteceso albergará un ximnasio e un auditorio de 400 butacas

Edificio das Escolas de Ponteceso 1
O Edificio das Escolas de Ponteceso
O Edificio das Escola de Ponteceso albergará un ximnasio e un auditorio de 400 butacas

Está en marcha o proxecto de reforma integral do Edificio das Escolas de Ponteces, coa intención de crear un ximnasio e de ampliar o auditorio actual das 250 ás 400 butacas. O edificio convertiríase nun novo completo cultural e deportivo, pero depende da aportación da Xunta e da Deputación, pois o proxecto supera os 800.000€, imposibles de acometer para o Concello en solitario. De feito, o alcalde Lois Carballido xa ten solicitado xuntanzas con ambas entidades.

O auditorio localizaríase, polo tanto, na segunda planta e na ampliación desta última en altura. A segunda albergará o escenario, os camerinos e os espazos anexos precisos na escena, ademais de recibidor, aseos, almacéns e zona de recepción. O patio de butacas realizarase en pendente entre as dúas plantas.

A intención é que o ximnasio abra de luns a domingo de 06.00 a 23.00 horas para facilitar a práctica deportiva a todos os sectores da poboación, e que ademais inclúe salas de cardio, pesas, spinning, kickboxing e judo.

Comentarios