Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O EFA Fonteboa pon as mans na terra

Alumnado do EFA Fonteboa na Esfolal do Millo
Alumnado do EFA Fonteboa na Esfolla do Millo
O EFA Fonteboa pon as mans na terra

Continúa o outono activo do Centro de Formación EFA Fonteboa. Así o comprobaron os alumn@s do centro que participaron na esfolla do millo, aprendendo de historia e de bioloxía do xeito máis práctico posible.

Este xoves dá comezo o PIFA (Programa integral de Formación en Apicultura) ao que asisten 12 persoas interesadas en iniciarse en apicultura ou mellorar os seus coñecementos. O programa terá a súa continuidade ata o mes de xuño cunha cadencia semanal (mércores de 19,00 a 21,00 h). A organización do programa ten unha estrutura modular que permite a incorporación aos diferente módulos.

Así mesmo, hoxe xoves, de 16,00 a 18,00 terá lugar a primeira sesión dun seminario sobre “Profesionalización da produción de carne de vacuno”. Consta de 3 sesións (xoves 29 de outubro, xoves 5 de novembro e xoves 12 de novembro). Participan 18 alumnos de Ciclo Formativo de Grado Medio de Produción Agropecuaria e 4 productores de carne da zona, ademais de técnicos de Tenreira Galega.

Ademais, no mesmo horario, tamén se continúa o “Curso de horta e preparados ecolóxicos” (de 16,00 a 19,00 h). Intervirá Lolo Andrade, especialista en tratamentos fitosanitarios e realizará preparados ecolóxicos contra pragas e enfermidades. A esta formación asisten 20 persoas. O curso arrincou a semana pasada e terá continuidade todos os xoves pola tarde ata o 17 de decembro.

Outra das actividades previstas para hoxe é o roteiro micolóxico que disfrutarán os 25 alumnos de 1 curso Ciclo Formativo de Grado Medio de Produción Agropecuaria participarán. A actividade completarase cunha charla teórico - práctica sobre as setas recolleitas.

Novas relacionadas

Comentarios