Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O EFA Fonteboa propón un outono de lobos, benestar animal, apicultura, cogumelos e horta

Alumnas do EFA Fonteboa nunha granxa
Alumnas do EFA Fonteboa nunha granxa da comarca comprobando o benestar animal
O EFA Fonteboa propón un outono de lobos, benestar animal, apicultura, cogumelos e horta

Completo chega o Outono no Centro de Formación Rural EFA Fonteboa. Veñen de presentar o porgrama de actividades que comezaba esta pasada fin de semana cun curso sobre prevención aos ataques dos lobos á gandeiría, e con outro de Benestar Animal nas ganderías Pastora SC e Denellón SL. Unha visita especial esta última, porque os xerentes das dúas granxas son antigos alumnos que “desenvolven o seu proxecto con rigor e profesionalidade”.

Pero o outubro vai vir cargado. Onte xoves desenvolveron un obradoiro de horta ecolóxica, e a vindeira fin de semana hai unha serie de actividades de micoloxía, con saídas, relatorios…

Micoloxia no EFA Fonteboa

De cara a novembro hai una acción do CICAPIS sobre apicultura, e durante novembro se celebrará a Semana da Solidariedade.

Son actividades para o alumnado pero tamén para a poboación en xeral e se poden apuntar en fonteboa@efagalicia-org ou no 981 733 051.

EFA Fonteboa Actividades Outono 2020

Proxecto DUMU

Se a comezos de mes eran os alumnxs do ciclo superior de Paisaxismo e Medio Rural os que percorrían unha etapa do camiño de Santiago dentro das actividades do proxecto #DUMU, a pasada fin de semana eran os de 3º da ESO os que se achegaban por Muxía para coñecer iniciativas turísticas.

Comentarios