Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Eiii Carballeira! A romería de toda a familia de Baio

Eiii Carballeira! A romería de toda a familia de Baio

Se por Zas presumen de Carballeira, por Baio non quedan atrás. A fermosa Dovesa de Baio acollía unha nova edición da Festa da Carballeira, unha romería familiar das máis auténticas da Costa da Morte.

Case que un millar de veciños, e achegados, encheron de mesas e churrasco a festa. Entre carballo e carballo, xa ao longo da semana, as familias ían colocando as súas mesas nos seus espacios "reservados", pois ano trano, os lugares son as mesmas familias as que disfrutan desta festa da casa.

A historia comeza a media mañá, coas sardiñas e o viño, taciña en man, correndo da man da organizadora Asociación Adro. Ata misa e todo na Carballeira, para dar paso ao xantar.

Agora o protagonista é o churrasco. Sen lume no chan (prohibido por suposto) as familias xa levan as súas parrilliñas especiais para a festa do ano. E ala, a zampar.

A tarde comeza a ritmo de charanga, que non deixará de tocar ata ás 3:00h. Conversa tras conversa de mesa en mesa e de café en café, vai correndo a tarde, a noite e mesmo a madrugada.

Iso si, que non falte o berro: Eiiiii Carballeiraaaa!!

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios