Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Eleccións #20D: O Bipartidismo mantense vivo na Costa da Morte coa irrupción de En Marea

Eleccións #20D: O Bipartidismo mantense vivo na Costa da Morte coa irrupción de En Marea
Votando en Corcubion Votando en Corcubión neste #20D

Como era previsible, cambiou o panorama político estatal tras estas Eleccións Xerais do #20D de 2015. A irrupción de Ciudadanos e, sobre todo, de Podemos, deixa un reparto de escanos que dá pé a unha marea de posibles coalicións para formar goberno unha vez que non hai maiorías.

En España: Novo panorama

Resultados das Eleccions Xerais en Espana 2011-2015

O PP mantense como a forza máis votada a nivel estatal, pero cae un 16% (3,6 millóns de votos e 63 escanos menos) e non lle daría para a maioría absoluta nin cunha coalición con Ciudadanos (que aparece con 40 escanos como 4ª forza, lonxe das enquisas das últimas semanas). Falarán aí os grupos nacionalistas de Cataluña ou Euskadi, pero non as galegas, pois Nós non conseguíu presencia no Parlamento.

Acusada tamén é a baixada do PSOE (90 escanos e 5,5 millóns de votos), con 20 escanos menos e unha perda de 1,5 millóns de votantes.
Moitos recalaron en Podemos e as súas plataformas nacionais en Galicia (En Marea), Cataluña (En Común Podem) e Valencia (Compromís-Podemos-És el Moment). De feito, en votos está moi preto do PSOE, pero en escanos queda lonxe, con 69, demostrando que a polémica Lei Electoral segue beneficiando aos dous grandes partidos.

En Galicia: Baixan todos e En Marea entra como 2ª forza

Resultados das Eleccions Xerais 20D en Galicia 2011-2015

O PP perde máis de 300.000 votos en Galicia mentras que En Marea se sitúa como a segunda forza máis votada.
En Galicia o 20D deixou outro cambio político con varias lecturas. En primeiro lugar, o partido popular perdeu máis de 300.000 votos con respecto ás eleccións xerais do 2011, obtendo así cinco deputados menos na comunidade galega. O equipo liderado por Rajoy obtivo así o 37 por cento dos votos frente ao 52 por certo que acadara nas anteriores votacións.

Os que tamén rexistraron unha baixada de votos foron os socialistas, ainda que lograron manter os seis deputados que xa tiñan. En total obtiveron 345.839 votos (21,35%) frente aos 457.633 que obtivo no 2011. Esta perda de votos situounos como a terceira forza política en Galicia, por debaixo de En Marea.

A nova coalición de esquerdas galega foi a clara gañadora das eleccións xerais en Galicia que irrumpiu con 6 deputados. En Marea obtivo algo máis de 405.500 votos facéndose co 25,04 por cento.
Na parte contraria está Nós, candidatura galega que por primeira vez en 20 anos quedan fóra do Congreso. Os 70.000 votos obtidos polos nacionalistas non son suficientes para ter representación no Parlamento o que conleva unha pérdida importante de ingresos para a formación.
Pola súa banda, o partido de Albert Rivera obtén un deputado en Galicia grazas aos 146.745 votos que obtivo Ciudadanos.

Máis aló dos resultados, o 20D deixou anécdotas nalgunhas das 3.996 mesas electorais que hai en Galicia. Unha das máis destacadas foi unha mesa do concello coruñés de Rois na que o seu presidente padece unha discapacidade auditiva que requiriu a presenza dunha intérprete para levar a cabo a súa función.

 

Na Costa da Morte: O Bipartidismo mantense vivo na Costa da Morte co permiso de En Marea

Resultados das Eleccions Xerais 20D 2015 na Costa da Morte

A nivel comarcal, o PP segue a ser a primeira forza con case 25000 votos, pero perdendo máis de 11000 votos con respecto a 2011. O PSOE mantese como primeira forza, pero perde 4000 votos con respecto a ese mesmo ano.

A nova máis destacable é a irrupción de En Marea, que substitúe ao BNG como alternativa ao bipartidismo, con 14000 votos, polo 5000 de Ciudadanos e os 4500 de Nós.

A lectura que deixou as eleccións do 20D a nivel comarcal é similar á nacional. PP e PSOE continúan como os partidos máis votados na bisbarra ainda que perden forza.

Os populares seguen a ser a primeira forza en case todos os municipios da comarca obtendo case 25000 votos. Ainda así os resultados distan moito dos obtidos nos 2011 onde o equipo de Rajoy obtivo 11000 votos máis na Costa da Morte.
Pola súa banda, os socialistas mantéñense como a segunda forza polícica da bisbarra ainda que perde 4000 votos con respecto ás votacións do 2011.

A nova máis destacable é a irrupción de En Marea, que substitúe ao BNG como alternativa ao bipartidismo, con 14000 votos, polo 5000 de Ciudadanos e os 4500 de Nós.

Nunha boa parte dos concellos da Costa da Morte a cor política que deixan estas eleccións do 20D nada ten que ver coa cor do goberno municipal. Así, sorprenden casos como os de Carballo, Vimianzo e Zas nos que os populares situáronse como a forza máis votada a pesar de ser uns municipios gobernados polo BNG. Algo que non aconteceu nas eleccións do 2011 de forma tan descarada.
Outro dato salientable dáse en Corcubión, xa que é o único municipio da Costa da Morte no que En Marea foi a forza máis votada.

Resultados das Eleccións #20D Concello por Concello

Cabana

Resultados 20D en Cabana Os veciños e veciñas de Cabana de Bergantiños seguen sendo afíns ao PP. Así o demostraron nas urnas onde os populares obtiveron case o 48 por cento dos votos totais. Aínda así, estes datos contrastan cos das eleccións xerais de anos anteriores, onde os populares superaban os 2000 votos. A grande novidade é a forza coa que irrumpiu En Marea no municipio cabanés, que se sitúa como o terceiro partido máis votado pisándolle os talóns ao PSdeG.  

Camariñas

Resultados Eleccions 20D Camarinas Tanto o PP como o PSOE perden forza en Camariñas aínda que seguen a ser as principais forzas políticas do municipio. Os socialistas obtiveron 1306 votos moi seguidos dos populares que se situou como a segunda forza máis votada con 1201 votos. En Marea queda como o terceiro partido máis votado (376) seguido de Ciudadanos (165) e NÓS (128).  

Carballo

Resultados Eleccions 20D Carballo Carballo é un deses concellos que dá a volta para cada votación. O BNG, con maioría no pleno, queda como 5ª forza a nivel estatal na capital bergantiñá. Nós recibe 1572 votos, polos 1722 de Ciudadanos, a 4ª forza. Por arriba, o PP saca unha gran vantaxe ao PSOE (6142 por 3977 dos socialistas) mentres En Marea, que lle quita moitos votos ao BNG, queda aos pés do PSOE con 3935.

 

Carnota

Resultados Eleccions 20D Carnota Gran diferencia coas últimas municipais tamén as que se dan en Carnota. O PP recibe 1002 votos, por diante de En Marea, que tamén se sitúa como segunda forza con 608 votos, por diante do PSOE (591) e mesmo Nós, que baixa das municipais enormemente ata os 221 votos.  

Cee

Resultados Eleccions 20D Cee En Cee, o PP destaca como primeira forza con 1658 votos, pero a nota máis singular é a presencia de En Marea como segunda forza, con 1109 votos, 25 votos por diante do PSOE. Ciudadanos tamén tería presencia e a caída do BNG refréndase tamén en Cee cos 217 votantes de Nós.  

Corcubión

Resultados Eleccions 20D Corcubion É o Concello de Corcubión o único no que o En Marea se coloca como primeira forza, con 287, polos 274 do PP, os 265 do PSOE, e os 152 de Nós. Ciudadanos saca só 67 votos.  

Coristanco

Resultados Eleccions 20D Coristanco Dominio azul en Coristanco, con 1731 votos populares. O PSOE é a segunda forza con 1080 e En Marea recibe 611 votos.  

Dumbría

Resultados Eleccions 20D Dumbria A realidade municipal reflíctese en Dumbría bastante ben. Gaña o PSOE, sen tanta diferencia como nas municipais, con 855 votos, polos 602 do PP, e os 276 do PSOE. Ciudadanos e Nós, con 89 e 51 votos respectivamente, apenas teñen incidencia.  

Fisterra

Resultados Eleccions 20D Fisterra Afectaron, pero non demasiado, os problemas a nivel municipal dun PP que se mantén como primeira forza en Fisterra. Por detrás, o PSOE, mentres que En Marea réstalle protagonismo a Nós.  

Laxe

Resultados Eleccions 20D Laxe Gaña tamén o PP en Laxe, con 894 votos, pero con menos diferencia que en 2011. O PSOE mantense con 487 votos, mentres aparece En Marea von forza, con 423, desprazando a Ciudadanos (110) e Nós (65).  

Malpica

Resultados Eleccions 20D Malpica Colócase En Marea como segunda forza tamén en Malpica con 899 votos polos 793 do PSOE. O PP segue sendo, con diferencia, o máis votado con 1516, mentres Ciudadanos e Nós, seguindo a liña global da zona, moi abaixo con 272 e 182 votos respectivamente.  

Mazaricos

Resultados Eleccions 20D Mazaricos Enorme diferencia en Mazaricos entre as últimas municipais e estas Xerais. O BNG (agora en Nós) saía con goberno con mairoría das Municipais, pero queda de 4ª forza con 206 votos, por detrás do PP, que arrasa con 1290, o PSOE 8436) e En Marea (274).  

Muros

Resultados Eleccions 20D Muros Nova e clara vitoria do PP en Muros, a pesar de que tamén baixa con respecto sobre 2011, pasando de 2784 a 2038 deste 2015. En Marea, segunda forza tamén en Muros, con 1402, polos 1139 de PSOE. Nós queda por riba de Ciudadanos, pero por apenas 13 votos (306 contra 293).  

Muxía

Resultados Eleccions 20D Muxia Igualadísima a votación en Muxía, e moi explicativa. A preponderancia popular a nivel estatal choca coa supremacía socialista a nivel municipal, deixando agora en 2015 ao PP con 1278 votos polos 1054 do PSOE. En Marea, con 416 deixa a Ciudadanos (151) e Nós (108) ben abaixo.  

Ponteceso

Resultados Eleccions 20D Ponteceso Segue sendo o PP o partido maioritario en Ponteceso, pero con 900 votos menos que en 2011. O PSOE e En Marea suman 783 e 746 votos, polos 229 de Ciudadanos, e Nós ratifica a súa caída con só 126.  

Santa Comba

Resultados Eleccions 20D Santa Comba Sorprende a supremacía do PP no concello xalleiro, que tería maioría absoluta con 2849 votos. Por detrás, o PSOE, con 1320. Moi loxe xa En Marea con 690 e Coidaadnos con 441, deixando a Nós só con 128.  

Vimianzo

Resultados Eleccions 20D Vimianzo En Vimianzo o claro gañador é o PP cun total de 1935 votos. A sorpresa da noite chegou da man de En Marea, que se situou como terceira forza máis votada no concello vimiancés (601 votos) superando aos nacionalistas que obtiveron 399 votos (moi lonxe daqueles 1762 das eleccións do 2011). Pola súa banda, os socialistas sumaron un total de 1195 quedando así no segundo posto.  

Zas

Resultados Eleccions 20D Zas                       Nada que ver teñen os resultados obtidos no 20D en Zas en comparación cos das anteriores eleccións xerais do 2011, nas que os nacionalistas foron a forza máis votada e agora se sitúa como o quinto partido con tan só 162 votos (frente ao 2136 das eleccións anteriores). O PP sitúase como o partido máis votado (con 1390 votos), seguido dos socialistas (con 572 votos ), de En Marea (con 428 votos) e Ciudadanos (con 192 papeletas).  

Novas relacionadas

Máis novas electorais

O Mirante: A previa das Eleccións Xerais 2015

Fonte

Comentarios